Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 25 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 323 de clasificación do monte de Alborés, pertencente ós lugares de Alborés de Arriba e de Abaixo, parroquia de Alborés, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase expediente número 323 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Alborés.

Comunidade: lugares de Alborés de Arriba e de Abaixo.

Parroquia: Alborés.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 55,42 ha.

Lindeiros:

Coincide coa parcela I do monte Castulo, Outeiro, Madeira de Lobo e outros, nº 103-H do CUP.

Norte: propiedades particulares de veciños de Alborés, do piquete nº 3 ó 7, seguindo a orde de piquetes.

Leste: propiedades particulares dos lugares de Alborés de Arriba e de Abaixo, do piquete nº 7 ó 35, seguindo a orde de piquetes.

Sur: parroquia de Maroñas, dos piquetes nº 35 ó 38 seguindo a orde de piquetes.

Oeste: parroquia de Baos, do piquete nº 38 ó 49, deste ó 1, e do 1 ó 3, seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 25 de outubro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9508023