Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Sábado, 30 de decembro de 1995 Páx. 9.761

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Os presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1996 responden á consolidación dos obxectivos de política social e económica desenvoltos pola Xunta de Galicia dentro dos escenarios plurianuais previstos nos seus programas de actuación económica.

As limitacións financeiras que se derivan da evolución dos recursos previstos pola participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado acentúan a necesidade de manter unha rigorosa disciplina presupostaria que garanta en todo caso o mantemento dos niveis das prestacións sociais acadadas ata o momento e o apoio ás actuacións que favorezan o desenvolvemento económico e a creación de emprego.

Nese marco de referencia, os presupostos xerais veñen ser unha adecuación dos recursos financeiros previsibles ós obxectivos que hai que cumprir a medio prazo. En consecuencia, significan un prudente exercicio de asignación de créditos para actuacións prioritarias, en vista dos graves condicionantes do actual modelo de financiamento autonómico e das restriccións de converxencia impostas pola Unión Europea en canto á utilización activa do déficit público.

Pero, malia esa dimensión material, en canto á modulación anual de medios e fins en vista das cambiantes circunstancias económico-financeiras, existe ademais outra dimensión formal, cal é a de servir en todo caso como instrumento para mellora-la economicidade, eficacia e eficiencia da xestión pública. De aí o carácter dinámico da Lei de presupostos, por canto non só é reflexo periódico desa harmonización entre medios e fins, senón tamén expresión das sucesivas melloras da xestión e control público que a experiencia e a prudencia van dictando co transcurso do tempo.

Neste sentido, a Lei de presupostos para 1996 introduce diversas novidades, algunhas das cales se destacan a continuación.

Dentro do título II, «Gastos de persoal», establécese a necesidade de adapta-las relacións de postos de traballo ás previsións presupostarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

No título III, «Das operacións financeiras», modifícase o importe máximo dos avais que poden ser concedidos pola Comunidade Autónoma como parte da política de apoio ó desenvolvemento empresarial, increméntase a porcentaxe que determina o límite que pode acada-la débeda de tesourería e establécese o marco por parte dos organismos autónomos

e sociedades públicas de desenvolvemento das operacións de endebedamento.

No título IV, «Normas tributarias», elévanse os tipos de taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, ó mesmo tempo que se introducen distintas modificacións no texto da citada disposición.

No título VI, «Da xestión presupostaria», prevense diferentes modificacións relativas á aprobación de gastos de investimento polo Consello da Xunta e á consideración e tratamento dos gastos menores.

Igualmente, disponse a implantación dun procedemento de transferencia interna de fondos destinados a expedientes de dotación artística, coa finalidade de facilitar unha maior rapidez na súa tramitación.

En distintas disposicións adicionais recóllense as seguintes novidades:

Autorízase o Servicio Galego de Saúde para levar a cabo modificacións dos cadros de persoal de institucións sanitarias, dentro de certas limitacións. Exceptúanse da necesidade de ser obxecto de informe pola Consellería de Economía e Facenda os convenios que non superen os 25.000.000 de pesetas e que non comporten crecemento de gasto. Establécese o marco legal para a integración do persoal procedente das cámaras agrarias, prevéndose, por outra parte, o réxime patrimonial dos bens desa procedencia. Disponse a adecuación dos créditos incluídos nos estados de gastos ó importe dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos previstos no presuposto de ingresos da Comunidade Autónoma, coa finalidade de garanti-lo equilibrio económico-inanceiro. Modifícanse diversos artigos da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia. E, por último, introdúcese unha disposición cautelar para a equiparación dos incrementos retributivos do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma ós que se

establezan para as retribucións do persoal público estatal no exercicio de 1996.

Finalmente, dentro das disposicións transitorias modifícase a determinación da taxa de reposición de efectivos, en relación coa oferta de emprego público para 1996, excluíndose por outra parte da necesidade da autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda as contratacións de persoal docente e as de persoal que presta servicios en institucións sanitarias ou en centros e residencias de servicios sociais.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei, a Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Título I

Da aprobación dos presupostos e das súas

modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1.-Ámbito dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia par a 1996, que se aproban nos termos indicados na presente lei, están integrados por:

a) Os presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos seus organismos autónomos.

b) Os presupostos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os presupostos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 2.-Presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos consígnanse créditos por importe de 819.624.882.000 pesetas, a súa distribución é a seguinte:

As transferencias internas entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos representan 18.663.233.000 pesetas, segundo o seguinte detalle:

Dous.-A distribución dos créditos por funcións, en miles de pesetas, establécese da forma seguinte:

Tres.-A distribución orgánica e económica do presuposto consolidado, en miles de pesetas, é como segue:

Catro.-Nos estados de ingresos dos presupostos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevén liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 819.624.882.000 pesetas, distribuídos da seguinte maneira:

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan ós tributos cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 3.348.389.000 pesetas. O seu detalle recóllese no anexo I desta lei.

En cumprimento do establecido no artigo 42.2 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 2.063.420.000 pesetas.

Artigo 3.-Presupostos das sociedades públicas.

Un.- Presuposto das sociedades mercantís.

As dotacións concedidas e os recursos estimados das sociedades públicas elévanse a 22.565.464.000 pesetas, de acordo coa distribución que se indica:

Dous.-Presuposto dos restantes entes públicos.

Os estados de gastos e ingresos dos entes públicos ós que se refire o apartado c) do artigo 1 acadan un total de 28.163.556.000 pesetas, detallado como segue:

Capítulo II

Das modificacións presupostarias

Artigo 4.-Competencias específicas en materia de modificacións presupostarias.

Sen prexuízo do establecido na Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e con validez exclusiva para 1996, autorízanselle ó conselleiro de Economía e Facenda as seguintes competencias específicas en materia de modificacións presupostarias:

a) Para incorporar ó presuposto de 1996 os créditos de exercicios anteriores, cando correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorporar ó presuposto de 1996 o crédito 11.02.212A.481.10 de 1995, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

c) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva da porcentaxe de participación nos ingresos do Estado para 1995 e a estimada no estado de ingresos de 1996 para o dito concepto.

d) Para xerar crédito, cando sexa necesario, na aplicación presupostaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

e) Para ampliar ata unha suma igual ás obrigas que se recoñezan, logo do cumprimento das formalidades legalmente establecidas ou das que se establezan, os créditos que, incluídos no presuposto da Comunidade Autónoma, nos dos organismos autónomos e/ou nos doutros entes públicos aprobados por esta lei, se enumeran a seguir:

1. Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma, dándolle conta ó Parlamento no prazo dun mes.

Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección presupostaria á que figuren adscritos.

2. Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

3. Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, predios, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e

Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito Instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

4. Os destinados ó pagamento dos premios de cobranza de tributos e demais ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma.

5. As obrigas de carácter periódico contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas, pola diferencia existente entre o prezo das divisas previsto e o custo real destas no momento do pagamento.

6. Os créditos que sexan necesarios nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

7. Os créditos de transferencias a favor da Xunta de Galicia que figuren nos presupostos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da Tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

f) En relación co presuposto do Servicio Galego de Saúde:

1. Para ampliar ou minorar créditos por un importe igual á diferencia que poida resultar entre as previsións iniciais de transferencias procedentes do Insalud e as que efectivamente se liquiden.

2. Para realiza-las adaptacións presupostarias que resulten precisas como consecuencia da participación do Sergas nos créditos previstos polo Estado para a cancelación de obrigas non satisfeitas do Insalud.

g) Para adaptar ós importes das transferencias efectivamente recibidas a contía dos créditos incluídos no estado de gastos do presuposto e correspondentes a transferencias finalistas. No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos da sección de que se trate, preferentemente por operacións correntes, por proposta da consellería afectada.

Artigo 5.-Vinculación de créditos.

Con vixencia exclusiva para 1996 considéranse vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións e conferencias».

226.09 «Outros».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

230, «Axudas de custo».

231, «Locomoción».

233, «Outras indemnizacións».

As transferencias ás que se refire o artigo 67 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, cando afecten ós créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 6.-Limitacións.

Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e con vixencia para 1996, non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan ós capítulos VI e VII cando deles se derive incremento do gasto corrente, sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo.

Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 11, «Sanidade e Servicios Sociais», e ó Servicio Galego de Saúde, a limitación mencionada no parágrafo anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 15% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII.

Título II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 7.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma experimentarán en 1996 un incremento do 3,5% con respecto ás establecidas no exercicio de 1995 para cada posto de traballo.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos deberán axustarse ó establecido neste artigo, resultando inaplicables en caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-O presente artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos.

c) A Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades para a xestión dos servicios públicos de radiodifusión e televisión.

d) O ente de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica.

e) A Fundación Hospital de Verín.

f) As universidades de Galicia.

g) As demais sociedades ás que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 8.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido a lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 3,5% con respecto ás establecidas no exercicio de 1995, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente co contido de especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade del.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un crecemento do 3,5% con respecto ó do exercicio de 1995, sen prexuízo das modificacións que se deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de presupostos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 9.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número catro do artigo 7 non poderá experimentar un crecemento global superior ó 3,5% respecto da correspondente a 1995, sen prexuízo do que puidese derivarse da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante 1995 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio presupostario, exceptuándose, en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ó réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para 1996 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 10.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 1996 nas seguintes contías:

Presidente: 11.351.148 pesetas.

Conselleiros: 9.347.376 pesetas.

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 7.441.716 pesetas.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto un do presente artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixarán para 1996 en 9.947.376 pesetas.

Tres.-Os altos cargos terán dereito á percepción dos trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Catro.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das entidades de dereito público a que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da Consellería á que se atopen adscritos. En ningún caso experimentarán incrementos superiores ó 3,5% respecto das percibidas en 1995.

Artigo 11.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para 1996 serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta de Galicia, tanto na súa contía coma respecto dos conceptos que as compoñen.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 12.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 8 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 1996 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A1.824.44470.056

B1.548.45656.040

C1.154.26842.060

D 943.81228.080

E 861.62421.060

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas de unha mensualidade do soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelPesetas

301.602.036

291.437.012

281.376.568

271.316.112

261.154.628

251.024.416

24963.972

23903.552

22843.084

21782.760

NivelPesetas

20727.116

19689.952

18652.824

17615.672

16578.580

15541.428

14504.312

13467.160

12430.008

11392.916

10355.776

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía experimentará un incremento do 3,5% con respecto á aprobada para o exercicio de 1995, sen prexuízo do previsto no artigo 8 desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 1996, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de pro

ductividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivarse do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que estean vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos a que se refire o punto anterior, así como ós funcionarios eventuais e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 13.-Retribucións do persoal estatutario ó servicio das institucións sanitarias.

O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as súas retribucións básicas e complementarias nas contías que resulten da súa propia lexislación.

Artigo 14.-Retribucións en casos especiais.

Os funcionarios pertencentes ás clases de médicos titulares, farmacéuticos titulares, practicantes titulares e matronas titulares que presten os seus servicios en postos de traballo propios da súa clase experimentarán en 1996 un incremento do 3,5% sobre as correspondentes retribucións básicas percibidas no ano 1995.

Igual incremento experimentarán as retribucións complementarias destes funcionarios, que se fixarán de acordo coa normativa vixente que lles sexa aplicable.

O resto do persoal sanitario funcionario non comprendido nos parágrafos anteriores percibirá as retribucións básicas e complementarias que lle correspondan en aplicación do disposto no artigo 8 desta lei.

O establecido no presente artigo para os funcionarios pertencentes ás clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares enténdese sen prexuízo da aplicación, se é o caso, do

sistema retributivo resultante da nova ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime

do persoal activo

Artigo 15.-Prohibición de ingresos atípicos.

Durante o ano 1996, os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación da presente lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á Administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, e sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades.

Artigo 16.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 1995 non correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 6/1994 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título da presente lei, experimentarán en 1996 un incremento do 3,5% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante 1996 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas na presente lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 17.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Durante o ano 1996 será preciso informe favorable conxunto das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) A Administración da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos.

b) A Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades.

c) O ente de dereito público Instituto Galego de Promoción Económica.

d) A Fundación Hospital de Verín.

e) As universidades de Galicia.

f) As demais sociedades ás que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban en 1996, deberá solicitarse da Consellería de Economía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas en 1995.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberán comunicárselle á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante 1995.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe a que se refiere o punto un do presente artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual

ou colectivo, aínda que se deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, achegando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que se deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 1996 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 9 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de presupostos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para 1996 sen o cumprimento dos requisitos establecidos no presente artigo.

Artigo 18.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 19.-Contratación de persoal laboral con cargo ós créditos de investimentos.

Un.-Con cargo ós respectivos créditos para investimentos, as consellerías e os organismos autónomos

unicamente poderán formalizar contratacións de persoal, de carácter temporal, nos seguintes casos:

-Contratación de persoal para a dirección de obras de investimentos, así como para a redacción de proxectos e liquidación de obras, sempre que non poidan ser executadas por persoal fixo.

-Contratación de persoal en réxime laboral, sempre que concorran os seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Dous.-Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Nos contratos farase constar a obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivarse dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Tres.-A contratación poderá exceder do exercicio presupostario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia ou nesta propia Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1996.

Catro.-O servicio xurídico da consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos, con carácter previo á súa formalización, e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Cinco.-A realización dos contratos regulados no presente artigo será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva de conformidade co disposto nos artigos 94 a 117 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 20.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes ó 1 de xaneiro de 1996 serán obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións presupostarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21.-Autorización dos custos de persoal das universidades de Galicia.

Un.-De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación coa súa disposición final segunda, autorízanse para o ano 1996 os custos de persoal funcionario docente e non docente e contratado docente das universidades de competencia da Administración autonómica, polos importes detallados no anexo II desta lei.

Dous.-As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.05.322C.440.00 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido no artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

Título III

Das operacións financeiras

Capítulo único

Avais

Artigo 22.-Avais.

De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, o importe máximo dos avais que poderán ser concedidos pola Xunta de Galicia durante o ano 1996 será de 2.000.000.000 de pesetas.

Con independencia desa cantidade, o Igape poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 21.000.000.000 de pesetas.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Igape ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 23.000.000.000 de pesetas.

Artigo 23.-Información ó Parlamento.

O Goberno remitiralle trimestralmente ó Parlamento a información necesaria para coñece-la lista de avais amortizados, a lista de pagamentos efectuados por falidos, a lista de importes recuperados e o risco acumulado. Esta información darase para tódolos avais que se dean ou se desen desde a Administración da Xunta de Galicia ou dos seus organimos autónomos e entes públicos.

Artigo 24.-Operacións de crédito.

Un.-De acordo co previsto no artigo 32 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, a variación da posición neta debedora da Comunidade Autónoma ó final do exercicio de 1996 non poderá exceder de 35.000.000.000 de pesetas.

Dous.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que se derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos en 1996 non poderá superar en ningún caso os 4.000.000.000 de pesetas.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Tres.-Trimestralmente informarase á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos das operacións realizadas dentro do programa de endebedamento da Xunta para o exercicio.

Artigo 25.-Débeda da Tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio de 1996, conforme o disposto no artigo 31 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no estado de ingresos por porcentaxe na participación nos ingresos do Estado.

Artigo 26.-Endebedamento dos organismos autónomos e sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio de 1996 os organismos autónomos e sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso inferior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-Calquera outra operación que implique variación de pasivos nos organismos autónomos e sociedades públicas da Comunidade Autónoma deberá, así mesmo, ser autorizada previamente polo conselleiro de Economía e Facenda.

Título IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 27.-Taxas.

Un.-Elévanse os tipos de taxas de contía fixa establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei

13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas que o modifiquen, ata a cantidade que resulte da aplicación do coeficiente do 1,06 ás contías esixibles, exceptuando as tarifas que se modifican segundo o número dous deste artigo.

O resultado da aplicación do coeficiente 1,06 ás cantidades esixibles en 1996 obterase tendo en conta a seguinte norma de redondeo: redondéanse ó 5 as comprendidas entre o 1 e o 5, e ó 0, as comprendidas entre o 6 e o 9, co aumento neste último suposto dunha unidade na cifra das decenas. Cando o resultado sexa inferior a 20 pesetas, non se redondeará, tampouco se producirá ese redondeo cando se trate de tarifas fixadas en función dalgún tipo de unidade e exista un máximo fixado nela e se obteña un resultado inferior a 100 pesetas.

Considéranse de contía fixa cando non estean determinadas por unha porcentaxe da base ou esta non se valore en unidades monetarias.

Exceptúanse deste incremento aquelas taxas que se recaden mediante efectos timbrados.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións no Decreto lexislativo 1/1992:

A) Suprímese o apartado 4 do artigo 16, quedando redactado da forma seguinte:

«Gozarán de exención da presente taxa:

1. A expedición de certificados de retribucións satisfeitas pola Xunta de Galicia co obxecto de xustificación en relación co imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. A expedición de certificados e compulsas que o persoal da Administración solicite respecto de necesidades propias do posto de traballo ou relación de servicios.

3. Os alumnos por calquera actuación en materia de ensinanzas non universitarias.».

B) Modifícase o apartado 0.2 do artigo 18, quedando redactado como segue:

«0.2. Inscrición en rexistros oficiais:

-Primeira inscrición: 1.195 ptas.

-Modificacións da primeira inscrición: 600 ptas.».

C) Modifícase o apartado 0.3 do artigo 18, quedando redactado da forma seguinte:

«0.3. Inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma:

-Grupo I do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo A: 9.180 ptas.

-Grupo II do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo B: 8.025 ptas.

-Grupo III do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo C: 6.880 ptas.

-Grupo IV do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo D: 5.735 ptas.

-Grupo V do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo E: 4.590 ptas.».

D) Modifícanse no apartado 0.7 do artigo 18 os subapartados 0.2 e 0.3, quedando redactados como segue:

«0.2.

Baixas (definitivas ou temporais), altas por rehabilitación de baixa temporal, trocos ou retrocos, cambios de titularidade e calquera outra circunstancia que altere o contido da autorización: 5.600 ptas.

0.3.

Boletín de instalación, trocos e baixas.

-Máquinas tipo «A»: 2.245 ptas.

-Máquinas tipo «B»: 5.600 ptas.

-Máquinas tipo «C»: 11.195 ptas.».

E) Modifícase no apartado 10 do artigo 18 o subapartado 0.7, quedando redactado como segue:

«0.7. Acreditacións profesionais:

-Autorización: 2.250 ptas.

-Renovación: 1.125 ptas.».

F) Suprímese o apartado 12 do artigo 18:

«12. Boletos:

0.1. Autorización de explotación: 559.680 ptas.

0.2. Renovación de autorización de explotación: 335.810 ptas.

0.3. Modificación nas autorizacións de explotación: 111.935 ptas.

0.4. Outras autorizacións: 27.990 ptas.

0.5. Autorizacións de distribución de boletos: 335.810 ptas.

0.6. Modificación de autorización de distribución de boletos: 55.970 ptas.

0.7. Dilixenciado de comunicación de puntos de venda de boletos: 5.600 ptas.».

G) Modifícase o apartado 19 do artigo 18, quedando redactado como segue:

«19. Inscrición para a realización de probas extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca:

0.1. Competencia de mariñeiro, de mariñeiro-mecánico (mecamar), de mariñeiro-cociñeiro, de mariñeiro electricista e de contramestre electricista: 2.000 ptas.

0.2. Patrón de pesca local, patrón de tráfico interior, mecánico de litoral, radiotelefonista naval restrinxido, patrón de segunda clase de pesca litoral: 3.000 ptas.

0.3. Patrón de primeira clase de pesca litoral, patrón de pesca de altura, patrón maior cabotaxe, mecánico naval de primeira e segunda clase, electricista naval de primeira e segunda clase, radiotelegrafista naval: 4.000 ptas.

0.4. Capitán de pesca, mecánico naval maior, electricista naval maior: 5.000 ptas.».

H) Engádeselle ó artigo 18 o apartado 20:

«20. Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE:

I) Engádeselle ó artigo 18 o apartado 21:

«21. Inscrición para a realización de probas de aptitude para a obtención dos seguintes títulos ou certificados que facultan para o goberno de embarcacións de recreo:

0.1.

-Para título de patrón de embarcación de recreo: 5.000 ptas.

-Para título de patrón de iate de altura e patrón de iate: 7.000 ptas.

-Para título de capitán de iate: 8.500 ptas.

0.2. Certificados de mergullo profesional:

-Para iniciación ó submarinismo: 2.000 ptas.

-Para submarinismo de 2ª clase restrinxido: 3.000 ptas.

-Para submarinismo de 2ª clase: 4.000 ptas.

-Para calquera das especialidades: 3.000 ptas.

-Para os demais certificados: 6.000 ptas.

0.3. Por expedición de tarxetas acreditativas das titulacións ou certificados anteriores: 10.000 ptas.».

J) Engádeselle ó artigo 18 o seguinte apartado 22:

«22. Expedición de certificados sobre empresas ou establecementos de xogo: 5.600 ptas.».

K) Engádeselle ó artigo 18 o seguinte apartado 23:

«23. Autorización de devolución ou substitución de avais solicitados polas empresas operadoras de máquinas recreativas e de servicios de explotación de bingos no marco das actividades propias do xogo: 2.245 ptas.».

L) Suprímese o apartado 0.2 do artigo 23:

«0.2. Recoñecemento e inspección, para os efectos de habilitación dos locais destinados a vivenda: 2.245 ptas.».

M) Modifícase o apartado 0.3 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«0.3. Actuacións en materia de ordenación en industrias agrarias:

0.1. Instalación de novas industrias ou ampliación das existentes.

Base de aplicación (importe de maquinaria e instalación).

-Ata 500.000 pesetas: 5.500 ptas.

-De 500.001 a 1.500.000 pesetas: 8.200 ptas.

-De 1.500.001 a 3.000.000 de pesetas: 11.000 ptas.

-Por cada 1.000.000 máis ou fracción: 500 ptas.

0.2. Traslado de industrias.

Base de aplicación (valor da instalación).

-Ata 500.000 pesetas: 3.000 ptas.

-De 500.001 a 1.500.000 pesetas: 5.100 ptas.

-De 1.500.001 a 3.000.000 de pesetas: 6.700 ptas.

-Por cada 1.000.000 máis ou fracción: 350 ptas.

0.3. Substitución de maquinaria.

Base de aplicación (importe de maquinaria e instalacións de substitución).

-Ata 500.000 pesetas: 1.500 ptas.

-De 500.001 a 1.500.000 pesetas: 2.500 ptas.

-De 1.500.001 a 3.000.000 de pesetas: 3.300 ptas.

-Por cada 1.000.000 máis ou fracción: 200 ptas.

0.4. Cambio de propietario da industria.

Base de aplicación (valor da instalación).

-Ata 10.000.000 de pesetas: 5.000 ptas.

-De 10.000.001 a 25.000.000 de pesetas: 10.000 ptas.

-De 25.000.001 a 50.000.000 de pesetas: 15.000 ptas.

-De 50.000.001 a 100.000.000 de pesetas: 20.000 ptas.

-Máis de 100.000.000 de pesetas: 25.000 ptas.

Sen prexuízo das sancións que fosen aplicables, e nos supostos de continuación da actividade cando se trate de industrias instaladas ou modificadas clandestinamente, aplicaranse as tarifas anteriores que correspondan incrementadas nun 100%.

Cando se trate de industrias catalogables, as tarifas veranse reducidas nun 50%; se do resultado da anterior operación a dita reducción determinase unha cota inferior á sinalada para o primeiro tramo

de cada tarifa, esta última terá o carácter de cota mínima.».

N) Engádeselle ó artigo 23, apartado 0.7, o seguinte apartado:

«15. Supervisión e control dos documentos de traslado de animais e autorizacións sanitarias oficiais para traslado de animais realizadas por veterinarios autorizados, agrupadas en talonarios.

Por cada talonario: 10.000 ptas.».

Ñ) Modifícase o subapartado 0.1.d) do apartado 11 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«d) Farmacéutico substituto ou adxunto en oficina de farmacia por período superior a un mes: 2.380 ptas.».

O) Modifícase o subapartado 0.1 do apartado 14 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«0.1. Autorización administrativa sanitaria previa:

Fase de estudio e informe do proxecto antes de autoriza-las obras de creación, construcción, modificación ou adaptación:

-Hospitais e balnearios: 29.670 ptas.

-Servicios sanitarios hospitalarios: 23.735 ptas.

-Resto de centros, servicios e establecementos sanitarios: 11.870 ptas.

-Oficinas de farmacia: 32.915 ptas.

-Cemiterios, funerarias e tanatorios: 11.195 ptas.

-Empresas de praguicidas de uso ambiental: 27.990 ptas.».

P) Modifícase o apartado 19 do artigo 23, quedando redactado como segue:

«19. Actuacións en materia de turismo:

0.1. Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría e titularidade; ampliacións e melloras de establecementos hosteleiros, extrahosteleiros e de turismo rural do grupo A:

-Establecementos de ata 20 unidades de aloxamento: 10.000 ptas.

-Establecementos de 21 a 50 unidades de aloxamento: 18.000 ptas.

-Establecementos de máis de 100 unidades de aloxamento: 30.000 ptas.

0.2. Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría e titularidade; ampliación e melloras de fondas, casas de hóspedes e establecementos de turismo rural dos grupos B e C: 7.000 ptas.

0.3. Apertura e clasificación; cambios de categoría e titularidade; ampliacións e melloras dos campamentos públicos de turismo:

-Campamentos públicos de turismo de ata 100 prazas: 15.000 ptas.

-Campamentos públicos de turismo de 101 a 200 prazas: 20.000 ptas.

-Campamentos públicos de turismo de máis de 200 prazas: 25.000 ptas.

0.4. Concesión dos títulos-licencia; cambios de grupo, titularidade e domicilio das axencias de viaxes e das sucursais:

-Axencias de viaxes: 25.000 ptas.

-Sucursais: 10.000 ptas.

0.5. Apertura e clasificación; cambios de categoría e titularidade; ampliacións e melloras de restaurantes e cafeterías: 10.000 ptas.

0.6. Expedición do carné de guía e guía-intérprete de turismo: 5.000 ptas.

0.7. Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guías e guías-intérpretes de turismo: 5.000 ptas.».

Q) Suprímese o subapartado 0.1 do apartado 20 do artigo 23:

«0.1. Autorizacións de vivendas unifamiliares: 5.175 ptas.».

R) Engádeselle ó artigo 23 o seguinte apartado 24:

«24. Emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia:

0.1. Concesión definitiva, prórrogas ou renovacións: 6% do investimento realizado polo adxudicatario.

0.2. Transferencia de concesión: 3% do investimento realizado polo adxudicatario.

0.3. Modificacións de accionariado e de capital: 2.000 ptas.».

S) Engádeselle ó artigo 23 o seguinte apartado 25:

«25. Matanzas domiciliarias:

0.1. Análise parasitolóxica por mostras tomadas sen necesidade de presencia do veterinario no domicilio: 350 ptas.

0.2. Por visita, incluíndo a análise parasitolóxica:

-Vacún, equino ou similares (adultos): 2.195 ptas.

-Porcino, ovino, caprino, cans ou similares: 1.650 ptas.

-Aves, coellos ou similares: 555 ptas.».

T) Engádeselle ó artigo 23 o seguinte apartado 26:

«26. Expedición de certificados de condicións de prevención e protección de incendios nos establecementos hoteleiros que emiten os gabinetes de seguridade e hixiene no traballo: 10.000 ptas.».

U) Engádeselle o subapartado 0.5 ó apartado 36 do artigo 24:

«0.5. Traslado de establecementos de cultivos mariños e auxiliares: 21.630 ptas.».

V) Engádeselle ó artigo 24 o apartado 37:

«37. Aprobación de plans eólicos estratéxicos:

-Polas primeiras 3.000 hectáreas ou fracción aprobadas: 300.000 ptas.

-Resto, por hectárea: 25 ptas.».

X) Engádeselle ó artigo 24 o apartado 38:

«38. Actuacións con respecto ó rexistro de instalacións de venda polo miúdo de gasolinas e gasóleos de automoción

0.1. Inscrición:

-Ata 2 mangueiras: 40.000 ptas.

-Por cada unha que exceda de 2: 10.000 ptas.

En cada caso de denegación de inscrición devengarase o 50% da tarifa anterior.

0.2. Cambio de titularidade:

-Sobre a tarifa consignada no subapartado 0.1 deste mesmo apartado: 50%».

Artigo 28.-Prórroga.

Aprázase a entrada en vigor do recargo sobre a taxa que grava o xogo nos casinos, creada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo, ata o 1 de xaneiro de 1997.

Título V

Da xestión presupostaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión presupostaria

Artigo 29.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola Intervención Delegada da consellería correspondente, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto na Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 30.-Programas de xestión específica.

Os programas 731A, «Mellora da competitividade en grupos de interese galego», e 731B, «Apoio ó investimento estratéxico», do Plan intersectorial de competitividade (PIC) xestionaranse de acordo cos seguintes criterios:

1. A Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos fixará as ramas de actividade beneficiarias do PIC, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Tal fixación realizarase dentro do primeiro cuadrimestre de 1996.

2. As consellerías afectadas polos anteriores programas propoñerán, para a súa aprobación pola Comisión Delegada, as normas de xestión para actuacións de carácter sectorial.

3. Igualmente elevarán, para seren aprobadas pola Comisión Delegada, as propostas de convenio ou contrato-programa que proceda subscribir en apoio de iniciativas empresariais que se consideren de especial interese.

4. A Comisión Delegada, logo da aprobación, se é o caso, das propostas, poderá establecer criterios para o seu seguimento e control.

As consellerías afectadas procederán a darlle conta ó Parlamento dos convenios ou contratos formalizados, con periodicidade trimestral.

Artigo 31.-Aprobación de gastos de investimento polo Consello da Xunta.

A tramitación de expedientes de investimento por contía igual ou superior a 500.000.000 de pesetas requirirá autorización previa do Consello da Xunta.

Unha vez obtida a dita autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación.

Artigo 32.-Outros gastos de investimento.

Un.-Por acordo do Consello da Xunta poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) Adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) Concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) Axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) Concesión de subvencións para subsidiación de intereses de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Contratos de transporte escolar.

g) Contratos de seguros de xestión centralizada.

Dous.-A Xunta de Galicia daralle conta trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos de tódalas operacións que se realicen ó abeiro do presente artigo.

Artigo 33.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas, de expedientes de obras que non superen os 500.000.000 de pesetas.

Para efectos do establecido neste artigo son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 34.-Gastos menores.

Para a aprobación de gastos por importe non superior a 1.100.000 pesetas unicamente será esixible

a presentación de proposta razoada, efectuándose o seu pagamento contra a achega de factura que reúna os requisitos regulamentariamente establecidos. mbalas fases poderán acumularse nun só acto.

Como excepción do indicado no parágrafo anterior, a aprobac ión dos gastos de obras requirirá ademais a presentación do seu presuposto.

Artigo 35.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 1996 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia non poderán supera-lo incremento do IPC galego durante o exercicio.

Excepcionalmente, e por causas plenamente xustificadas, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta da Consellería correspondente, poderá autoriza-la inclusión de cláusulas de revisión por contía superior á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 36.-Subvencións e axudas con cargo ós presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

Un.-Ó amparo do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que se deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e entes públicos ou privados para a prestación de servicios públicos ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna declaración do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

Tamén poderán concederse de forma directa aquelas axudas ou subvencións que fosen aprobadas pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos como consecuencia da aplicación do previsto no artigo 30.3 desta lei.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000 e 40.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á Comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

Dous.-Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse pagamentos parciais ou anticipos de pagamentos sobre a subvención ou axuda concedida, nos casos e coas condicións seguintes:

A) Subvencións correntes:

Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, e a conta de liquidación ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora da convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida. Non obstante, naquelas que se concedan baixo os principios de publicidade e concorrencia a entidades sen ánimo de lucro, poderá autorizarse un anticipo do 10% da subvención no momento da concesión, sempre que a orde de convocatoria así o prevexa e estableza os medios documentais de xustificación provisional que deban achega-los beneficiarios.

Excepcionalmente, logo da oportuna xustificación, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar que a norma reguladora da convocatoria prevexa anticipos, no momento da concesión da subvención, nunha porcentaxe superior á sinalada.

B) Subvencións de capital:

1. Naquelas que non excedan de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida, e librarase o importe restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

2. Cando o importe das subvencións supere a cifra de 5.000.000 de pesetas, poderanse efectuar pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e as circunstancias seguintes: a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o investimento senón tamén os pagamentos efectuados ata ese momento con cargo ó proceso de investimento aprobado.

c) Que o importe parcial da subvención que se vai satisfacer non exceda da contía da anualidade prevista para o exercicio presupostario de que se trate.

d) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso do 80% do montante total da subvención concedida.

e) Para a concesión de pagamentos parciais será necesario que o beneficiario da subvención acredite que lle aplicou ó proceso investidor recursos propios na mesma proporción que representa o pagamento parcial respecto da subvención concedida .

f) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos con aval bancario ou de entidade aseguradora que se considere suficiente e por tempo indefinido. Este aval estará á disposición da consellería xestora e soamente poderá levantarse unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade. O dito aval garantirá o principal e os intereses calculados polo interese legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data de solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xustificada.

Quedan exentos deste requisito os beneficiarios que se citan no apartado C) deste artigo.

3. Con carácter excepcional, e por resolución motivada da consellería correspondente, poderase autorizar un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos.

4. Cando o beneficiario sexa unha Corporación local, a certificación emitida polo órgano competente expresiva dos importes investidos ou executados na acción subvencionada será xustificación suficiente para ordena-lo anticipo.

5. Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse á súa normativa reguladora.

C) De acordo coa natureza e réxime das subvencións concedidas con cargo ós presupostos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 79 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma e dos seus entes públicos, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor do Estado e dos seus organismos autónomos, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das corporacións locais e universidades.

d) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

e) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos presupostarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non superen as 250.000 pesetas individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro».

D) As ordes correspondentes das consellerías fixarán o prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a quince días hábiles.

Tres.-De conformidade co disposto no artigo 18.1 do texto refundido da Lei xeral presupostaria aprobada polo Real decreto 1.091/1988, do 23 de setembro, nos regulamentos (CEE) números 4.042/1989 e 4.253/1988, agora integrados no Regulamento (CEE) número 2.080/1994, do Consello do 20 de xullo de 1994 (instrumento financeiro de orientación da pesca, IFOP), e nas demais disposicións aplicables, correspóndelle no ámbito de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a elaboración e execución dos plans de control sobre beneficiarios de axudas financiadas total ou parcialmente cos fondos comunitarios a que se refiren as citadas normas.

Artigo 37.-Adaptación do estado de gastos do Servicio Galego de Saúde.

O estado de gastos do organismo autónomo Servicio Galego de Saúde presentará a súa estructura funcional e por programas conforme o sistema da Seguridade Social. Para estes efectos establécese a táboa de equivalencias que figura como anexo III, entre esta estructura e a correspondente ó resto dos entes e organismos con carácter xeral.

Artigo 38.-Tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

Os créditos destinados a provisións para riscos que se instrumenten no capítulo VIII dos presupostos de gastos da Administración xeral e, se é o caso, dos organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos, nos importes nos que non fose executado o risco ó final do exercicio, terán a consideración de ingresos do capítulo VIII no exercicio seguinte, coa finalidade de xerar crédito nas dotacións que para este tipo de atencións figuren nos estados de gastos dese ano.

Artigo 39.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo FCI ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 corresponde ós traballos de dotación artística.

Disposición adicional primeira.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

As entidades que constitúen a Administración institucional da Comunidade Autónoma transferiranlle á Xunta de Galicia o importe dos remanentes líqui

dos de tesourería resultantes das liquidacións dos correspondentes exercicios presupostarios.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar con este importe crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderalles limita-las transferencias de crédito a estas entidades en función do seu nivel de execución presupostaria.

Disposición adicional segunda.-Servicio Galego de Saúde. Persoal.

Correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización das modificacións, dentro de cada centro de xestión, dos cadros de persoal estatutario, de persoal MIR e de calquera outro tipo de persoal de institucións sanitarias dependentes do organismo non incluídos nas relacións de postos de traballo, sempre que a modificación acordada non supoña un incremento dos créditos do artigo correspondente do devandito centro.

En idénticas condicións correspóndelle ó Servicio Galego de Saúde a autorización da modificación prevista no parágrafo anterior dos cadros de persoal funcionario sanitario pertencentes ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares.

En todo caso, daráselle conta á Consellería de Economía e Facenda unha vez tramitada a correspondente modificación.

Disposición adicional terceira.-Servicio Galego de Saúde. Transferencias de crédito.

As limitacións contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, entenderanse referidas, no presuposto do Servicio Galego de Saúde, ó presuposto individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós presupostos totais.

Disposición adicional cuarta.-Iniciativas que comporten crecemento de gasto.

Á tramitación de calquera anteproxecto de lei, proposta de disposición administrativa ou de convenio no que a súa aplicación poida representar incremento de gasto respecto das previsións presupostarias actuais ou que teña repercusión en exercicios futuros deberáselle achegar unha memoria económica elaborada polo organismo que corresponda, na que se poña de manifesto a incidencia presupostaria derivada da súa execución, propoñendo ó mesmo tempo os recursos adicionais necesarios para o seu financiamento. Así mesmo deberá figurar informe da Consellería de Economía e Facenda relativo á súa incidencia nos escenarios presupostarios da Comunidade Autónoma.

Non obstante, aqueles convenios que non superen os 25.000.000 de pesetas e que non representen incremento de gasto respecto das previsións presupostarias actuais non requirirán o informe ó que se fai referencia no apartado anterior. As interven

cións delegadas remitiranlle copia destes convenios á Consellería de Economía e Facenda.

Disposición adicional quinta.-Sociedades públicas.

1. Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los presupostos de explotación e capital previstos no artigo 83 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 1996.

2. Da aprobación dos presupostos destas sociedades daráselle conta á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento de Galicia dentro do mes seguinte á súa aprobación.

Disposición adicional sexta.-Integración de persoal procedente das cámaras agrarias.

Un.-O persoal transferido á Xunta de Galicia como consecuencia do Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro, será encadrado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes nas prazas establecidas na súa relación de postos de traballo por razón daquela transferencia.

Dous.-Ó persoal contratado directamente polas respectivas cámaras agrarias antes do 1 de xaneiro de 1989 e non transferido á Xunta de Galicia por non estar incluído no Real decreto 2.164/1994, do 4 de novembro, ofreceráselle a opción de integrarse nas categorías e grupo que corresponda do III Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Para iso terase en conta a categoría que figura no seu contrato orixinario coa Cámara e, necesariamente, a titulación académica que posúa, que deberá coincidir co nivel de titulación académica que se requira en cada caso para acceder ó grupo do convenio no que se pretenda a integración.

Disposición adicional sétima.-Réxime patrimonial dos bens procedentes das cámaras agrarias.

Un.-O patrimonio das extintas cámaras agrarias locais intégrase definitivamente no patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e quedará adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aplicación a fins e servicios de interese xeral agrario do ámbito territorial de cada antiga Cámara.

Dous.-A Xunta de Galicia, mediante a oportuna toma de razón do Consello da Xunta e a través da Consellería de Economía e Facenda, realizará as operacións necesarias para reverter, cando proceda, os elementos patrimoniais que lles cedesen a título gratuíto ás extintas cámaras agrarias locais os respectivos concellos ou outros organismos públicos e entidades privadas, sempre que a antiga titularidade do cedente resulte suficientemente acreditada e concorra informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e da Asesoría Xurídica Xeral.

Tres.-O Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Disposición adicional oitava.-Adecuación de créditos.

Co fin de garanti-lo equilibrio económico-financeiro na execución do presuposto para 1996, os créditos incluídos nos estados de gastos experimentarán os axustes necesarios para acomoda-lo seu importe ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos no presuposto de ingresos da Comunidade Autónoma.

O Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos que sexan precisos para lle dar cumprimento ó previsto no parágrafo anterior.

As modificacións que puidesen efectuarse en virtude do disposto neste artigo seranlle comunicadas á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos dentro do prazo de trinta días desde a súa autorización.

Disposición adicional novena.-Modificación do artigo 58.1 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Modifícase o artigo 58.1 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, que terá a redacción seguinte:

«Poderán adquirirse compromisos de gasto de carácter plurianual, aínda que a súa execución deba iniciarse no exercicio seguinte, cando o seu contido coincida cos que a seguir se especifican:

a) Investimentos e transferencias de capital.

b) Contratos de subministracións, de servicios, de consultoría e asistencia e de traballos específicos e concretos non habituais.

c) Arrendamento de bens inmobles que vaian ser utilizados por organismos ou servicios da Comunidade Autónoma.

d) Cargas financeiras derivadas das operacións de endebedamento da Comunidade ou dos seus organimos autónomos.».

Disposición adicional décima.-Modificación do parágrafo primeiro do artigo 58.3 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Modifícase o parágrafo primeiro do artigo 58.3 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, que terá a redacción seguinte:

«O número de exercicios ós que poden aplicarse os gastos incluídos nos apartados a) e b) do número 1 non poderá ser superior a catro, quedando redu

cido a dous anos nos traballos específicos e concretos non habituais.».

Disposición adicional décimo primeira.-Modificación do artigo 83.5 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Modifícase o artigo 83.5 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, que terá a redacción seguinte:

«As variacións nos presupostos a que se refire o número 3 deste artigo que non afecten a subvencións dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma e que supoñan incremento ou diminución nos gastos de persoal, investimentos reais ou financeiros e endebedamento neto sobre as inicialmente previstas serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda cando o seu importe non exceda do 10% de cada unha das clases de gastos antes indicados que se propoñan modificar, e pola Xunta de Galicia nos demais casos.».

Disposición adicional décimo segunda.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 1996 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-6.210 pesetas polo primeiro membro adicional.

-5.000 pesetas polo segundo membro adicional.

-3.780 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Disposición adicional décimo terceira.-Parlamento de Galicia.

Un.-A Mesa do Parlamento de Galicia poderá acorda-la incorporación dos remanentes da sección 01 do presuposto de 1995 ó presuposto para 1996, sen máis limitacións cás establecidas no artigo 71.1 e 2 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Dous.-As dotacións presupostarias do Parlamento de Galicia libraranse en firme e periodicamente ó seu nome, a medida que este o requira, e non estarán suxeitas a ningún tipo de xustificación ante o Goberno galego.

Tres.-A Mesa do Parlamento poderá acordar transferencias de créditos entre os distintos conceptos da sección 01, sen limitación ningunha, dándolle conta á Consellería de Economía e Facenda.

Catro.-Os ingresos derivados dos intereses devengados polas contas en que se depositen os fondos entregados ó Parlamento e os ingresos que proveñan do rendemento dos bens propios ou que teña adscritos poderán xerar crédito nos conceptos presupostarios da sección 01.

Disposición adicional décimo cuarta.-Consello de Contas.

As dotacións presupostarias do Consello de Contas libraranse en firme e periodicamente ó seu nome, a medida que sexan solicitadas, e non estarán suxeitas a ningún tipo de xustificación ante o Goberno galego.

Os documentos contables que se expidan para facer efectivas as dotacións referidas serán propostos e autorizados pola Consellería de Economía e Facenda.

Disposición adicional décimo quinta.-Ente público Portos de Galicia.

Sen prexuízo do previsto no artigo 16 da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, os ingresos derivados das tarifas dos servicios prestados polo ente, así como os canons que lle corresponde percibir á Comunidade Autónoma por concesións administrativas e autorizacións de xestión sobre o dominio público adscrito a Portos de Galicia, continuaraos recadando a Consellería de Economía e Facenda, en tanto o ente público non dispoña dos medios materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento desa función.

No momento en que Portos de Galicia se faga cargo da xestión e recadación destes recursos, levaranse a cabo as adecuacións presupostarias que resulten procedentes no estado de gastos da sección 06.

Disposición adicional décimo sexta.-Actualización retributiva do persoal da Comunidade Autónoma.

Os incrementos retributivos establecidos para o persoal ó servicio da Comunidade Autónoma no título II desta lei adecuaranse en todo caso ós incrementos que se establezan para as retribucións do persoal público estatal no exercicio de 1996.

Disposición adicional décimo sétima.-Modificación do réxime xurídico e retributivo do persoal sanitario.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, dentro das dispoñibilidades presupostarias existentes, a dicta-las disposicións e a adopta-los acordos que afecten o réxime xurídico e retributivo do persoal sanitario funcionario pertencente ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares que sexan necesarios para a implantación da nova ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e, en particular, a deseña-lo tránsito do actual réxime xurídico funcionarial ó réxime xurídico propio do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Disposición transitoria primeira.-Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata tanto non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, experimen

tarán un incremento do 3,5% respecto das establecidas no ano 1995. En todo caso, terase en conta o especificado na disposición adicional décimo sexta.

Disposición transitoria segunda.-Oferta de emprego público para 1996.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó que resulte da aplicación da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos presupostos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto na disposición adicional oitava.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás relativas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados presupostariamente.

Tres.-Durante 1996 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento de funcionarios interinos, salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Non será necesaria esta autorización para as contratacións de persoal docente, de persoal que presta servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde e de persoal laboral de centros e residencias de Servicios Sociais, que adecuándose estrictamente ás necesidades do servicio terán como límite máximo as previsións presupostarias que se establecen para o efecto.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións presupostarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Disposición transitoria terceira.-Vixencia da disposición adicional sexta da Lei 15/1991.

Prorrógase a vixencia da disposición adicional sexta da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992 durante o ano 1996.

Disposición derradeira primeira.-Autorízase a Consellería de Economía e Facenda para que efectúe nos presupostos da Comunidade Autónoma as adaptacións técnicas que procedan como conse

cuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias desde outras administracións co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos presupostarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes.

Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Informarase de todas elas á Comisión de Economía, Facenda e Presupostos do Parlamento dentro do mes en que aquelas se producisen.

Disposición derradeira segunda.-O Consello da Xunta dictará, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXO I

ESTADO DE BENEFICIOS FISCAIS

(Miles de pesetas)

ANEXO II

CUSTOS DE PERSOAL DAS UNIVERSIDADES DE COMPETENCIA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Conforme o disposto no artigo 20 desta lei, o custo de persoal funcionario docente e non docente e contratado docente ten o seguinte detalle por universidades, en miles de pesetas, sen incluír trienios, Seguridade Social nin as partidas que, en aplicación do Real decreto 1.558/1986, do 28 de febreiro (BOE do 31 de xullo), e das disposicións que o desenvolven, veñan incorporar ó seu presuposto as universidades, procedentes das institucións sanitarias correspondentes, para financia-las retribucións das prazas vinculadas:

(Miles de pesetas)

ESTADO DE GASTOS

RESUMO XERAL DO PRESUPOSTO DE GASTOS

(En miles de pesetas)

CAP. 1

CAP. 2

CAP. 3

CAP. 4

CAP. 5

CAP. 6

CAP. 7

CAP. 8

CAP. 9

TOTAL

Parlamento988.640

490.750

0

162.000

0

88.000

12.500

0

0

1.741.890

Consello de Contas445.856

118.105

0

500

0

34.000

5.000

5.000

0

608.461

Consello da Cultura Galega31.148

169.122

0

10.000

0

5.000

0

0

0

215.270

Presidencia e Admón. Pública3.988.132

2.234.092

0

11.346.084

0

4.454.944

2.252.056

0

0

24.275.308

Economía e Facenda3.066.981

616.198

0

1.092.003

0

1.399.618

9.923.000

0

0

16.147.800

Política Territorial, O.P. e V.3.355.878

305.817

0

2.022.329

0

28.597.175

13.256.760

886.900

0

48.424.859

Educación e Ord. Universitaria125.768.206

14.897.126

0

47.265.859

0

9.668.665

3.183.200

3.000

0

200.786.056

Industria e Comercio1.313.809

227.886

0

786.427

0

872.006

10.453.431

791.871

0

14.445.430

Agricultura, Gandería e Montes9.493.961

912.058

0

405.273

0

13.625.884

10.251.892

494.020

0

35.183.088

Cultura1.563.587

644.385

0

1.029.452

0

3.337.921

2.649.804

0

0

9.225.149

Sanidade e Servicios Sociais5.928.427

3.571.923

0

24.743.572

0

2.691.814

1.865.689

0

0

38.801.425

Pesca, Marisqueo e Acuicultura2.909.087

560.927

0

264.023

0

3.360.638

9.390.415

0

0

16.485.090

Xustiza, Interior e Relac. Laborais2.127.372

1.546.108

0

1.490.237

0

1.220.942

465.000

0

0

6.849.659

Familia, Muller e Xuventude4.432.163

2.996.218

0

10.366.811

0

558.160

362.540

0

0

18.715.892

Transferencias0

0

0

70.684.290

0

0

0

0

0

70.684.290

Débeda pública da C.A.0

0

35.815.594

0

0

0

0

0

19.590.000

55.405.594

Gastos de diversas Consell.840.000

832.490

0

0

0

0

170.876

1.187.000

0

3.030.366

Total166.253.247

30.123.205

35.815.594

171.668.860

0

69.914.767

64.242.163

3.417.791

19.590.000

561.025.627

B) ORGANISMOS AUTÓNOMOS ADMINISTRATIVOS (en miles de pesetas)

I. Escola Galega de Administración Pública

Estado de ingresos: 402.766

Estado de gastos: 402.766

II. Instituto Galego de Estatística

Estado de ingresos: 563.603

Estado de gastos: 563.603

III. Instituto Galego de Consumo

Estado de ingresos: 628.682

Estado de gastos: 628.682

IV. Servicio Galego de Saúde

Estado de ingresos: 257.452.789

Estado de gastos: 257.452.789

V. Academia Galega de Seguridade

Estado de ingresos: 152.115

Estado de gastos: 152.115

VI. Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Estado de ingresos: 560.742

Estado de gastos: 560.742

C) ORGANISMOS AUTÓNOMOS DE CARÁCTER COMERCIAL, INDUSTRIAL, FINANCEIRO OU ANÁLOGO

I. Instituto Galego da Vivenda e Solo

Estado de ingresos: 16.757.369

Estado de gastos: 16.757.369

II. Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

Estado de ingresos: 100.000

Estado de gastos: 100.000

III. Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais

Estado de ingresos: 644.422

Estado de gastos: 644.422

8496