Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 1996 Páx. 55

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 167/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sociedade Galega do Medio Ambiente, con domicilio na Coruña no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. na planta compactadora de residuos de Guixar, concello de Vigo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Sociedade Gelega do Medio Ambiente a instalación dunha L.M.T. e un C.T. na planta compactadora de residuos sólidos en Guixar, concello de Vigo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 18 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8327