Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 1996 Páx. 79

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de decembro de 1995 pola que se establecen e regulan os plans e programas de actuacións, axudas e subvencións en favor dos galegos residentes no exterior, para o exercicio de 1996.

Ó longo destes últimos anos, especialmente no sexenio de 1990 a 1995, operouse unha consolidación funcional nos centros que agrupan as comunidades galegas do exterior, segundo se puido apreciar polo incremento das súas actividades, a melloría de instalacións e servicios e por esa maior proxección nos seus respectivos contornos.

A incorporación e maila crecente aceptación do concepto de galeguidade, implicou máis a toda a Galicia exterior en novas fórmulas de relación, tanto no que respecta ó bo entendemento e colaboración entre as comunidades, centros, entidades e institucións que nela viven, desenvolvendo unha decisiva e importante tarefa, canto pola vinculación, cada día máis sentida e eficaz, coa Galicia territorial.

O proceso seguido polas comunidades asentadas nos distintos países, cun incesante crecemento en importancia e en actividades, é, nunha gran parte, o resultado da aplicación dos plans e os seus programas elaborados polos seus órganos colectivos e representativos e pola secretaría xeral, seguindo as normas establecidas a partir da Ley 4/1983 e tendo en conta tódalas suxestións feitas polo Consello de Comunidades Galegas, nos seus plenos e nas súas comisións delegadas.

Moitos deses programas e as accións concretas dalgún deles arraigaron con forza tal que xa gozan da categoría do tradicional. Isto obriga non soamente a mantelos coa maior puxanza que os medios fagan posible senón tamén a potencialos, servíndose máis da imaxinación e do entusiasmo, para optimizar aínda máis os seus resultados.

O considera-la variedade de consecuencias que derivan das atencións á terceira idade, singularmente nas afectividades que xeran os lazos persoais e coa terra nativa a través deses emotivos e estimulantes reencontros, como así veñen a demostrar as sucesivas edicións do programa «Reencontros» ou os diversos intercambios xuvenís, que proporcionan un coñecemento real e directo da Galicia física e social, temos que reafirma-lo enriquecemento que supoñen eses contactos e relacións.

Hai actuacións, tanto na súa execución canto nos seus resultados, de moi doada valoración. Todas aquelas de natureza formativa, nas que o número de alumnos é crecente, aumenta o interese destes e se perfeccionan as tarefas, veñen probando os seus resultados pola incesante demanda dun maior numero de cursos e polo mesmo feito de que aumenten as entidades solicitantes. O mesmo se pode dicir das accións de orde cultural e artística, xa que creceron en interese e en participación.

Agora ben, convén sinalar que a variedade de medios que se utilizan por iniciativa de cada unha das comunidades ou centros, os que son programados conforme os plans que se aproban e os que xorden en resposta a inquedanzas e necesidades,

implican a todos nunha múltiple e recíproca vinculación e contribúen a unha afirmación da identidade común.

Desde esta contrastada experiencia, os obxectivos fanse cada día máis claros e, polo tanto, tamén máis firmes. Tal realidade debe impulsar a unha dedicación maior e á consecución dunha rendibilidade humana cada día superior.

Nos propósitos da secretaría xeral, tendo moi presentes as distintas e valiosas aportacións das comunidades, dos seus directivos e dos seus órganos representativos, figuran uns plans de actuación cos que, sen renunciar a un continuado perfeccionamento, se pretende abarca-lo maior número de accións, propias ou en directa colaboración, que reafirmen o importantísimo labor que desempeñan as comunidades, centros e sociedades, e que sempre exerceron unha transcendente influencia sobre a Galicia toda, a territorial e a que latexa máis alá das fronteiras territoriais, cohesionando en empeños comúns e cada día máis compartidos os galegos todos.

Con ese ánimo e á busca dunha reafirmación progresiva da galeguidade, consideramos que unha planificación ordenada e realista ten que incidir e repercutir nos seguintes obxectivos xerais:

-Lograr unha vinculación máis incondicionada e operativa entre tódalas comunidades galegas e destas con Galicia, a cal xerará unha progresión na vivencia da galeguidade como idea comprensiva para todas elas e pola que se salven tanto as distancias como os posibles distanciamentos.

-Reforzar unha presencia no exterior para ese crecente prestixio dos galegos e a prol dunha proxección de Galicia máis nítida e veraz, na seguridade de que a través delas se fará posible un mellor coñecemento dos aspectos culturais, empresariais e económicos e de tódalas súas capacidades, así como das dos seus homes e institucións.

-Favorecer unha atención ás necesidades sociais e asistenciais de tódolos galegos do exterior e moi preferentemente, por razóns de idade e de situación, ós que residen na área xeográfica de Iberoamérica por contar con moi nutrida poboación de idades avanzadas.

-Procurar unha máis intensa promoción nas accións dirixidas ós xoves descendentes de galegos en tódolos seus aspectos: formativos, culturais, recreativos, deportivos, asociativos, co fin de favorecer unha progresiva integración e implicación na vida común das entidades e colectividades, de maneira que por elas se obteñan maiores posibilidades de continuidade, renovación e puxanza en cada unha das comunidades. As diversas formas de axudas directas e persoais, especificamente dirixidas ós xoves, ou as que, institucionalmente, reciban para as súas agrupacións xuvenís, virán facilitar unha progresiva participación.

-Mellora-los sistemas das comunicaciones para obter unha información e unha conexión máis áxil e rápida é hoxe unha das máis destacables actuacións no conxunto dos propósitos desta secretaría

xeral. Facilitar e completa-los sistemas de comunicación entre as distintas comunidades e de todas elas coa Galicia territorial é o obxectivo que se pretende acadar para unha intercomunicación máis positiva e eficaz.

-Afirmar que renovámo-lo compromiso do empeño e do esforzo por un labor de servicio á Galicia exterior, o que significa unha vigorización de tódolos programas e plans de actuación e un poñer de manifesto novamente a vontade incondicional de fortalecer, na súa xusta dimensión de universalidade, esa unidade que contén e significa a galeguidade, en canto, desde un presente xa firme, é proxección ó futuro para tódolos galegos, calquera que sexa a súa orixe, o seu lugar de residencia, de convivencia e de traballo.

Non se trata, despois do ata aquí dito, soamente dunha filosofía ou, mellor aínda, duns principios teóricos. Aínda que unha e outros conformen o ámbito e definan o quefacer, este necesariamente é operativo, práctico, cuns obxectivos concretos e cunhas metas perfectamente determinadas.

Ó longo dos últimos anos, inquedanzas e suxestións foron atopando as súas respostas; as tarefas programadas alcanzaron o seu cumprimento e novas iniciativas xurdiron das experiencias e dos resultados. Os principios básicos e orientadores, gracias á entrega duns e doutros, foron plasmándose no tempo como logros; de cada un destes, pese a que non sempre son illables dos demais, foron nacendo novos formulacións, que foi preciso estudiar, planificar e acometer co apoio imprescindible de tódolos centros.

O notable crecemento experimentado, a recuperación dalgúns centros, o establecemento e inauguración doutros, e, sobre todo, o incremento de moitas actividades e a continua renovación dos bríos e do empuxe de directivos e responsables, requiriron unha xestión progresivamente dilixente e atenta ás peculiaridades.

A simplicidade, ordenamento e control dos diversos trámites, móvenos a proseguir na mesma liña de acción, na que priman os criterios de obxectividade na adxudicación dos recursos e cobertura de necesidades e de descentralización na responsabilidade de apoios e axudas.

De acordo co exposto e tendo presente a utilidade práctica dos procedementos, continuarase co mesmo sistema tanto nas asignacións coma nos controis de avaliación, procurando a fidelidade a unha competencia administrativa sinxela que sexa asequible ós centros con menor capacidade de xestión.

Fixados os criterios orientativos, compulsadas as realizacións e os seus procedementos, coñecida e comprobada a vontade das comunidades, é oportuno facer mención ós plans e programas de actuación previstos e que se poden compendiar no seguinte:

Plan de Accións Asistenciais e Sociais: a pluralidade do marcadamente asistencial e as atencións de carácter benéfico-social que esixen situacións determinadas e casos concretos, tanto nunha

orde corporativa, como vén ser esa vertente social que presentan non poucos centros e sociedades, canto no que respecta a unha casuística individual, como a que presenta un abundante continxente da terceira e da cuarta idade nalgúns países, condicionan unha programación que ha de coidar detalladamente deste tipo de cobertura e da súa aplicación.

Así, na debida solidariedade cos galegos da diáspora, tanto ha de considerarse a condición persoal, infortunio ou incapacidade, mingua aguda do poder adquisitivo, como aquelas precariedades que procedan do aveciñamento en países con manifestas crises económicas e que repercuten de distintas maneiras sobre os colectivos de galegos.

Non se pode omitir a continuidade desa colaboración establecida coas nosas institucións galegas no exterior, que tan importante papel desempeñan na asistencia social, principalmente en aspectos sanitarios, a través dos seus centros hospitalarios e sanatoriais, nesa eloxiable preocupación pola saúde, de xeito que se viron favorecidos acordos coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na cobertura asistencial e nas colaboracións profesionais e científicas.

Neste mesmo sentido, han de ser considerados os fogares e residencias de anciáns que, establecidos en varios países, acollen frecuentemente galegos anciáns ou carentes de protección ou de familia directa e en disposición de atendelos.

Ademais da continuidade dos programas «Reencontros», os resultados obtidos nos cursos de terapia ocupacional dirixidos á terceira idade indúcennos a continuar coa súa impartición, dotándoos de máis medios prácticos para o seu desenvolvemento.

Plan de Accións Formativas: un obxectivo xeral é o que inspira o conxunto de accións dirixidas a capacitar, formar ou perfeccionar profesionalmente os galegos e os seus descendentes con residencia fóra de Galicia.

Desde unha importante visión de futuro, os xoves son quen, preferentemente, se benefician desta acción. Toda a formación impartida nos centros favorece a integración dos xoves neles e nas restantes actividades que desenvolven. De aí que calquera iniciativa das entidades e asociacións encamiñada a unha actividade formativa xuvenil e infantil sexa merecedora de todo o apoio posible, por canto é vantaxosa para aqueles a quen vai dirixida e para a vitalidade do propio centro que a realiza.

Unha especial consideración e tratamento merecen os cursos de información, estudio e perfeccionamento de materias relacionadas coa cultura galega, tales como a xeografía, a historia, a literatura, as artes, así como aqueles que teñen por contido a aprendizaxe e práctica da lingua galega. Con todos eles, preténdese dar resposta eficaz e fructífera á incesante e crecente demanda que desde as distintas comunidades chegan á secretaría xeral.

Os tempos actuais presentan innovacións e estas requiren ser satisfeitas. Neste sentido, a necesidade de introducir novas aprendizaxes presenta a pro

gramación de cursos aínda inéditos, como os de escenificación e técnicas teatrais ou os de comunicación e sistemas dela. Trátase, en último termo, de procurar acomoda-los medios e os programas ás novidades que xorden cada día e que revitalizan as actitudes dos xoves por canto tentan respostar ás súas necesidades.

Dentro deste plan hai que lles dedicar atención a aqueles programas que teñen por obxectivo a mellora da formación profesional e empresarial, ben polas axudas directas ó estudio ou pola participación nos cursos específicos que se organizan a través dos distintos centros e, noutros casos, a través dos empresarios galegos no exterior.

Igualmente, hai que lembra-lo programa de axudas ós xoves descendentes, residentes no exterior, que desexan cursa-los seus estudios superiores nas universidades de Galicia.

Plan de Accións Culturais: trata o sostemento vivo das formas e tradicións culturais de Galicia, a súa mellor potenciación e a mesma proxección dunha expresividade propia. E así, ó face-la convocatoria de concursos públicos, difundida a través dos centros e moi especialmente dirixida á xuventude, e con modalidades de moitas posibilidades creativas, preténdese proporcionar factores de interese que propicien unha maior participación.

Moitas actividades de natureza cultural son organizadas directamente polos centros, ben para cada un deles ou ben abertas á participación dos demais; todas elas continuarán recibindo o apoio da secretaría xeral. As seccións de danza e música, cos seus grupos folclóricos incluídos, son obxecto de toda axuda por canto, amén da actividade que supoñen para os propios centros, teñen con frecuencia oportunidades de mostra-las riquezas dunha cultura propia e moi identificada.

Cometidos ordinarios como incrementar incesantemente a dotación das bibliotecas dos centros ou impulsa-la difusión das súas actividades, a través das publicacións propias ou en medios de comunicación alleos, constitúen un labor irrenunciable e continuado, no que é necesario proseguir día a día.

No mundo actual, con tantas facilidades como dispersións, faise preciso atopar procedementos para concentra-la atención e o interese sobre temas ou feitos concretos. Este método é o que inspira a realización dalgunha actuación excepcional na que Galicia ou cuestións galegas sexan o punto de atención e de atracción. Nesta perspectiva, considérase algúns cursos extraordinarios que, programados selectivamente, poidan contribuír á difusión do coñecemento de Galicia e do galego, contando sempre co soporte humano e operativo das comunidades galegas no exterior.

Plan de Accións Xuvenís: se, como viñemos afirmando, a xuventude é depositaria de abundantes esperanzas para a continuidade do asociacionismo galego na diáspora, no hai lugar a dúbidas acerca da conveniencia dunha coidada dedicación ós xoves, favorecendo, por medio de actividades a eles axeitadas, a participación activa na vida dos centros.

Os cursos de animación xuvenil, con tódalas técnicas de dinamización colectiva que proporcionan, as experiencias campamentais, a mesma promoción do deporte e das aficións artísticas, son medios valiosos para a relación entre os mesmos xoves e instrumentos que favorecen a súa incorporación ás colectividades e, por tanto, na previsión dos programas a desenvolver forman un transcendental capítulo.

Plan de Asistencia Estructural, Funcional e de Equipamento de Centros: a antigüidade dalgúns locais sociais, o desexo lexítimo de acceder á condición de propietarios dos inmobles, a posta en marcha de centros de recente fundación e a ampliación de instalacións constitúen un conxunto de obrigas que non poden ser desatendidas.

Pero, ademais de todo iso, isto é, de rehabilitacions, de novas instalacións ou servicios e de dotacións funcionais máis modernas, veñen presentándose, en determinadas áreas xeográficas, necesidades de novos proxectos asistenciais e sanitarios, así como a renovación de materiais e equipamentos en diversas agrupacións e, como máis recente empeño, poder utilizar equipos de información e de comunicación acordes cos avances tecnolóxicos actuais.

É ben sabido que as estructuras humanas, na súa organización e funcionalidade, non chegan a conseguir realiza-las súas aspiracións e posibilidades se non dispoñen dunhas infraestructuras axeitadas e útiles, que axilicen e multipliquen traballo e esforzo.

O ordenamento dos distintos programas, o seu agrupamento en favor dunha máis doada comprensión e a mesma simplificación nas xestións que inevitablemente terán que cumprirse, induce a manter con claridade e concisión os requisitos comúns a todos eles e a pormenoriza-los específicos que a cada un correspondan.

A obrigada regulación dos procedementos, requisitos, prazos, documentación, contías e beneficios, non bastaría para xustifica-la presente orde e a súa vixencia. Amén do estricto cumprimento co imperativo legal, han terse moi en conta as urxencias sociais que presenta o discorrer do tempo e, por tanto, considerar que toda tarefa debe estar iluminada desde o futuro que se pretende alcanzar. De aí que, aínda axustando toda unha planificación ós medios orzamentarios e con conciencia de austeridade, sexa preciso acada-los fins normativamente establecidos e para isto se faga conveniente a aportación de todos, aplicando a imaxinación e o bo facer, para aproveitar ó máximo os nosos medios e obte-la mellor rendibilidade ó esforzo xeral.

Desde os principios e obxectivos expostos, esta consellería,

DISPÓN:

Plan de Accións Asistenciais e Sociais

Programa 1: axudas asistenciais individuais

Artigo 1º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é a concesión de prestacións económicas directas, individuais,

extraordinarias e non periódicas, de carácter social, dirixidas ós galegos residentes no estranxeiro que, non estando en idade de xubilación por ancianidade, sexan inválidos ou doentes por mor de permanente enfermidade, imposibilitados para desenvolveren calquera tipo de actividade laboral, así como aqueles que se atopen en situacións de infortunio familiar, entendendo por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar. Tamén poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas en situación de precariedade pertencentes a colectividades galegas de países inmersos en fortes crises económicas. Están destinadas a cubri-las necesidades básicas de subsistencia como manutención, aloxamento e asistencia sanitaria, no primeiro caso, e a soluciona-la continxencia familiar nos outros casos.

2. Estas axudas teñen por obxectivo atender aqueles casos de especial gravidade, de acordo co contido do paragráfo primeiro, non abranguidos no ámbito de actuación do Decreto 728/1993, do 14 de maio, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social polo que se establecen as pensións asistenciais por ancianidade.

3. Estas axudas destinaranse ós países iberoamericanos, debido á súa situación actual e da nosa comunidade alí residente, aínda que poderán ser atendidos os casos de especial e grave necesidade sen distinción en canto ó lugar de residencia sempre que esta sexa no estranxeiro.

Artigo 2º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes destas axudas tódolos emigrantes naturais de Galicia que, residindo no seus domicilios privados, non teñan ingresos superiores ó equivalente ó setenta e cinco por cento do salario mínimo interprofesional vixente en España no momento da publicación desta orde. Solicitarase unha única axuda por unidade familiar, elevándose, no caso de dous ou máis integrantes, o límite ata o cento por cento do salario mínimo interprofesional.

Os solicitantes terán que cumprir, en cada caso, os seguintes requisitos:

a) Ser natural de Galicia.

b) Que, tendo o seu lugar de residencia nos países iberoamericanos, ou nos casos de especial gravidade en calquera lugar no estranxeiro, manifesten a súa vontade de fixa-la súa residencia en Galicia.

c) Carecer de bens e ingresos que non permitan o nivel mínimo de subsistencia, computándose todo tipo de rendas incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante a esta sempre que non cubran as súas necesidades básicas.

d) Residir en domicilios particulares e non pertencer a organizacións, comunidades ou institucións que polas súas regras ou estatutos estean obrigadas a prestarlles asistencia, nin residiren ou estaren internados en centros hospitalarios ou fogares de anciáns, caso no que poderían estar abranguidos e baixo o abeiro do programa 2 desta mesma orde.

Ademais, en cada caso, terán que cumpri-los seguintes requisitos:

1. Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.

e) Ter menos de sesenta e cinco anos de idade. No caso de ser menor de idade presentará a solicitude o seu pai ou titor.

f) Atoparse nunha situación de invalidez ou enfermidade permanente que o incapacite para desenvolver calquera tipo de actividade laboral.

2. Axudas en casos extraordinarios de urxente necesidade.

g) Ser cabezas de familia na que teña sucedido un infortunio familiar, entendéndose por tal feitos graves de carácter excepcional sucedidos no seo da unidade familiar.

3. Axudas en casos de precariedade en países en crise económica.

h) Pertencer a colectividades galegas de países inmersos en fortes crises económicas.

i) Ser maior de 65 anos de idade.

Artigo 3º.-Contía da axuda.

1. Nas accións previstas nas alíneas 1 e 3 do artigo 2º a contía da axuda será por un importe total de corenta mil pesetas.

2. Nos supostos previstos na alínea 2 do mencionado artigo, a contía da axuda será fixada en función da gravidade xustificada da situación, do número de solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 4º.-Natureza das axudas.

As axudas teñen carácter persoal e intransferible.

As axudas non orixinan dereito subxectivo ningún para os seus beneficiarios e estarán, en todo caso, condicionadas ás dispoñibilidades orzamentarias do exercicio, previstas para esta finalidade.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) A solicitude segundo o modelo normalizado do anexo I da presente orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, no caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo da súa condición de galego e dos seus datos persoais.

d) No caso de incapacidade permanente para desenvolver actividades laborais, certificado médico, segundo o modelo normalizado do anexo I, realizado polos servicios médicos dunha sociedade galega ou española que preste servicios na área da saúde. Cando o certificado médico anterior non poida ser expedido pola sociedade galega ou española aludida, poderá admitirse como válido un certificado médico expedido por calquera centro de

saúde pública oficial (centros médicos nacionais, provinciais ou municipais) do país de residencia, referendado pola dirección médica das devanditas sociedades galegas ou españolas. Nas axudas extraordinarias en casos de urxente necesidade, xustificantes que poidan servir como comprobantes das condicións imprescindibles establecidas na alínea 2 do artigo 2º deste programa e, se é o caso, informe do centro galego correspondente á zona de residencia do interesado.

e) Documentos xustificativos do estado de necesidade.

Artigo 6º.-Prazo e lugar de presentación.

As solicitudes correspondentes ós apartados 1 e 3 do artigo 2º presentaranse, xunto co resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras, rematando o prazo de presentación de solicitudes o día 31 de marzo de 1996.

As solicitudes correspondentes ó apartado 2 do artigo 2º presentaranse na Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) na época do ano na que se produza a continxencia xunto co informe do centro, quedando condicionada a súa concesión á existencia de crédito na partida orzamentaria correspondente.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación realizarán unha revisión técnica das solicitudes e, unha vez comprobado que está completa e correcta, enviarana, para unha maior simplificación do trámite e eficacia, no día seguinte ó do remate do prazo, ós centros coordinadores seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires

-Oficina Delegada da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro-Hospital de Beneficencia.

-Real Sociedade Española de Beneficiencia de Salvador-Baía.

* En Chile:

-Lar Galego de Santiago de Chile.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

2. Os centros coordinadores, designados no apartado anterior, efectuarán unha segunda revisión, realizando o exame técnico das solicitudes e informarán periodicamente, en todo caso, os días 1 de marzo e 5 de abril, á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do número de solicitudes correctas recibidas de cada un dos centros correspondentes á súa área xeográfica.

3. En cada un destes países a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá constituír unha comisión, para a que nomeará o seu representante na persoa dun funcionario e na que estarán, así mesmo, representados os centros receptores das solicitudes en función do número de solicitudes presentadas e o seu peso específico dentro da colectividade galega. Así mesmo poderá asistir un representante do consello de residentes correspondente á demarcación na que se celebra a comisión, preferentemente galego, por razóns de coñecemento e integración na comunidade galega asentada nese país e, polas mesmas motivacións, preferiblemente pertencente e representante dalgún dos centros constituíntes da comisión.

4. Os galegos residentes naqueles países de Iberoamérica non citados no apartado 1 do artigo 7º poderán remiti-las súas solicitudes á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

5. De constituírse, a comisión avaliadora reunirase dentro do prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias levantando acta da relación provisional de persoas seleccionadas, da que se fará exposición pública nos taboleiros dos centros durante 7 días naturais. Durante este período os interesados poderán presenta-las correspondentes reclamacións e o centro coordinador poderá recadar dos preseleccionados canta documentación coide oportuna para comproba-la veracidade dos datos reseñados nas solicitudes. No oitavo día natural o centro coordinador elevará informe e, se é o caso, a proposta de modificacións xunto coa oportuna documentación xustificativa e informe do centro no que fora presentada a correspondente solicitude, ó secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que, despois dos trámites legais oportunos, comunicará a resolución aprobatoria ós interesados e ós centros coordinadores, facéndose exposición pública dela

nos taboleiros de anuncios destes.

6. De non constituírse a devandita comisión, os centros coordinadores deberán remitir á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas as solicitudes recibidas, xunto con toda a documentación, no prazo de 15 días a partir do remate do prazo de presentación.

7. A selección dos beneficiarios efectuarase, segundo o tipo de axuda, en función do crédito dispoñible no caso da alínea 1 do artigo 2º e do crédito

dispoñible e das circunstancias que poidan ser alegadas no caso da alínea 2 do devandito artigo.

Artigo 8º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións da axuda.

A falsidade dos datos e documentos aportados implicará a denegación ou, se é o caso, a devolución da axuda na súa totalidade e sen prexuízo das responsabilidades que puideran derivarse do devandito acto.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias persoais, podendo a devandita secretaría xeral, se así o considera, anula-la subvención e dispoñer do citado crédito para conceder axudas ós solicitantes inicialmente desestimados.

Artigo 9º.-Pagamento.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas arbitrará o método de pagamento ós beneficiarios, de xeito directo mediante talón bancario.

Programa 2: axudas asistenciais a entidades galegas

Artigo 10º.-Obxecto e características.

O programa ten por obxecto subvenciona-las entidades galegas que presten determinados servicios asistenciais e residenciais á colectividade de asociados de orixe galega que carezan de medios económicos, nos seguintes supostos:

1. A través de axudas para a comida e, se é caso, o transporte dos familiares directos dos asociados, cando estes residan en centros asistenciais, de xeito que se posibilite o contacto diario entre eles.

2. A través das axudas indirectas para solventa-las cotas ou aportes destinados a mante-la protección asistencial e sanitaria que veñen prestando as entidades galegas ás persoas de orixe ou ascendencia galega en situación de paro, xubilación con míminos ingresos, desprotexidos en materia de previsión social ou carentes de protección que, doutro xeito, non terían este tipo de cobertura no seo destes centros galegos.

3. A través de axudas a entidades galegas que presten servicios de asistencia ós traseúntes galegos necesitados que se acerquen a estes centros en demanda de atención.

4. Así mesmo, inclúense dentro do ámbito deste programa as subvencións a centros galegos para o saneamento económico dos seus servicios asistenciais.

Artigo 11º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan recoñecida a galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

b) Que conten con residencias para anciáns ou con centros sanitarios onde reciban asistencia os seus asociados.

Artigo 12º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo 2 da presente orde, que será subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

No caso das alíneas 1 e 2 do artigo 10º xuntarase tamén relación das persoas ás que se destinará a axuda, segundo o modelo oficial do anexo 2 da presente orde.

No caso da alínea 3 do artigo 10º, xuntarase tamén relación dos transeúntes atendidos en 1995 e orzamento estimativo de gastos destinados a estas atencións para 1996.

No caso da alínea 4 do artigo 10º, xuntarase balance de situación e memoria de xestión do último exercicio económico.

Artigo 13º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes serán enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1996.

Artigo 14º.-Tramitación e resolución.

O secretario xeral dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de asociados do centro ou entidade asistencial.

-Número de residentes do centro ou ingresados nel, contía do seu orzamento e importancia do seu desequilibrio económico.

Artigo 15º.-Pagamento e xustificación.

O pagamento realizarase logo da presentación, dentro do exercicio orzamentario, de certificación do secretario da entidade, co visto e prace do seu presidente, facendo consta-lo nome, apelidos, enderezo, concepto e, se é o caso, contía individual destinada como axuda a cada beneficiario para as alíneas 1, 2 e 3 do artigo 10º. Na alínea 4 do artigo 10º o centro, unha vez recibida a subvención, deberá acredita-lo reflexo contable desta no balance de situación do mes en que a reciban, ou no documento contable equivalente mediante certificación do presidente e secretario do centro.

Artigo 16º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral toma-la resolución que corresponda.

Programa 3: vacacións para lembrar

Artigo 17º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto ofrecer unhas vacacións ós galegos e ós seus cónxuxes asentados noutras Comunidades Autónomas de España ou noutros países de Europa, para desfrutaren e coñeceren a realidade actual da terra onde naceron, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como ós nósos costumes tradicionais; constitúe un achegamento á súa terra, á que están vencellados por lazos permanentes, familiares e sentimentais.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. As características básicas deste programa son:

a) Desprazamento dos seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata o lugar de residencia en Galicia.

b) Estadía durante un período de 14 días nunha residencia de tempo libre de Galicia ou noutro establecemento hoteleiro, coa correspondente programación de actividades recreativas e culturais.

4. Poderase, cando as circunstancias así o aconsellen, dirixi-lo programa a colectividades de galegos residentes fóra de España, realiza-la estadía noutra área xeográfica ou noutro establecemento residencial, notificándose nestes casos as bases que sexan de aplicación a través da correspondente convocatoria.

Artigo 18º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes:

1. As persoas que cumpran as seguintes condicións:

a) Ser natural de Galicia.

b) Residir noutra Comunidade Autónoma de España ou noutro país de Europa.

c) Ter ela ou o seu cónxuxe máis de 60 anos de idade.

d) Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes e estar en condicións físicas para realiza-la viaxe programada.

e) Non ter participado en anteriores edicións deste programa.

f) Non ter recursos económicos suficientes.

2. Os cónxuxes das persoas que soliciten o programa por aplicación do punto anterior, cumprindo así mesmo, o contido das alíneas d) e e)

Artigo 19º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 3 da presente orde, selada polo centro galego correspondente.

b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte.

c) Fotografía actual tamaño carné.

d) Fotocopias da liquidación e da primeira páxina da declaración da renda correspondente ó ano 1994, ou declaración xurada substitutoria. Se o solicitante reside noutro país presentará documentación equivalente.

e) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 3 desta orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas no artigo 18º alínea d) deste programa.

f) De se-lo caso, documento xustificativo de estar xubilado.

Artigo 20º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes acompañadas do resto da documentación presentaranse nas entidades galegas das comunidades e países destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 1996.

Artigo 21º.-Tramitación e resolución.

1. As entidades galegas receptoras da documentación, unha vez comprobado que está correcta e completa, enviarana o mesmo día do remate do prazo á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña) xuntando o certificado, segundo o modelo do anexo 3-B, no que se relacionen as solicitudes presentadas, mencionando o coordinador do programa designado polo centro respectivo.

2. A selección dos participantes efectuarase estimando como preferente:

-Os casos en que polo menos un dos cónxuxes posúa a condición de xubilado ou teña máis de 65 anos de idade.

-A secretaría xeral resolverá a concesión en función de:

a) Situación económica dos solicitantes.

b) Idade dos solicitantes.

c) Estado de saúde.

Artigo 22º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 4: reencontros

Artigo 23º.-Obxecto e características.

1. Ten por obxecto promove-la consecución do reencontro das persoas de orixe galega residentes no exterior cos seus familiares e coa súa terra, superando tempos de separación de polo menos 25 anos.

2. Este programa poderá realizarse de acordo coas modalidades seguintes:

a) Acción directa, executado pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración da Dirección Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Acción concertada en colaboración cos concellos galegos.

c) Acción concertada en colaboración con empresas.

3. Características básicas da modalidade de acción directa:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados pola secretaría xeral ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía durante un período máximo de 14 días, preferentemente no mes de novembro, nunha residencia de tempo libre ou noutro establecemento residencial de Galicia, programándose actividades e excursións que favorezan o reencontro coa súa terra.

c) Estadía cos seus familiares en Galicia, ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc.

d) Correrán a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas os gastos derivados da selección dos beneficiarios e os de transporte derivados da alínea a) deste punto. Serán por conta da Dirección Xeral de Servicios Sociais

da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, os gastos derivados da alínea b) deste punto.

e) A Secretaría Xeral poderá nomear, nos países de destino da convocatoria con máis número de participantes, persoal capacitado en asistencia médica e social para a súa participación no programa en funcións sanitarias, asistenciais e de organización.

4. Características básicas nas modalidades en colaboración con concellos ou empresas:

a) Pasaxe de avión de ida e volta para os seleccionados desde os lugares de partida fixados polo concello organizador ata os aeroportos de Galicia.

b) Estadía cos seus familiares en Galicia ata completar un período máximo de 3 meses, sendo ó seu cargo durante este tempo os gastos de aloxamento, manutención, etc. Cando a acción sexa organizada por unha mancomunidade de concellos ou cando o número de participantes no programa sexa suficientemente grande poderase, de acordo coa Dirección Xeral de Servicios Sociais, programa-la estadía dos participantes nun establecemento hoteleiro por un período máximo de 14 días.

c) Os gastos derivados da alínea a) deste punto correrán a cargo da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e do concello organizador.

d) Nesta modalidade trátase de dar ós concellos e ás empresas o protagonismo nas accións que teñan a finalidade do reencontro dos galegos que cumpran os requisitos xerais do programa, coas súas familias residentes no concello ou no ámbito de actuación da empresa. A selección dos beneficiarios correrá a cargo do concello ou a empresa coa axuda e colaboración das entidades galegas da Galicia do exterior e da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

e) Enviarase unha circular ampliando a información sobre a posta en marcha desta modalidade de programa.

Artigo 24º.-Solicitantes.

Poderán ser solicitantes deste programa:

1. Aqueles emigrantes naturais de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter sesenta ou máis anos de idade.

b) Levar polo menos 25 anos sen volver a Galicia.

c) Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir na súa estadía en Galicia.

d) Que non padezan enfermidade infecto-contaxiosa nin secuelas irreversibles discapacitantes, e estean en condicións físicas para realizar unha viaxe de longa duración.

e) Que non teñan recursos económicos suficientes.

2. Excepcionalmente poderán solicita-la participación neste programa e sempre que cumpran cos requisitos relacionados nas letras a), b), c) d) e

e) da alínea 1 deste artigo, os fillos de emigrantes galegos con nacionalidade española, residentes naqueles países nos que a primeira xeración de galegos estea diminuíndo fortemente por ter unha idade media moi avanzada debido a que as correntes migratorias cara a eses países tiveron lugar nos primeiros anos deste século.

Artigo 25º.-Documentación.

A documentación das persoas solicitantes deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 4 desta orde.

b) Documento no que consten os seus ingresos económicos ou, en caso de imposibilidade de presentalo, poderá constituír documentación suficiente unha declaración xurada responsable.

c) Documento xustificativo dos seus datos persoais e da súa condición de galego ou no caso da alínea 2 do artigo 24º, da súa orixe galega.

d) Certificado médico, segundo o modelo do anexo 4 da presente orde, conforme as condicións imprescindibles establecidas na alínea d) do artigo 24º.

e) Fotografía actual tamaño carné.

Artigo 26º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

As solicitudes para a modalidade de acción directa presentaranse, acompañadas do resto da documentación, nas entidades galegas dos países de destino da convocatoria que teñan recoñecida a galeguidade ou que estean consideradas como colaboradoras. Nas modalidades de en colaboración con concellos e empresas presentaranse nos centros que estas entidades designen.

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes para acción directa remata o día 31 de marzo de 1996. Na modalidade de colaboración con concellos e empresas presentaranse no prazo que estas entidades designen.

Artigo 27º.-Tramitación e resolución.

1. Para a modalidade de acción directa:

1.1. Os centros galegos farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión que as sinaladas no artigo 7º, alíneas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este programa como centros coordinadores os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Gallego de Buenos Aires.

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Oficina Delegada da S.X.R.C.G.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador - Baía.

* En Chile:

-Lar Galego de Santiago de Chile.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Caracas.

1.2. A selección dos participantes efectuarase en función de:

-Idade dos solicitantes e tempo sen volveren a Galicia.

-Situación económica.

-Grao de consanguinidade e de afinidade dos familiares que residan en Galicia.

-Estado de saúde.

-Terán prioridade aqueles solicitantes que, cumprindo as condicións da convocatoria, teñan o seu cónxuxe seleccionado.

1.3. A concesión ten carácter de provisionalidade en canto non sexa avalada polos familiares do solicitante que residan en Galicia.

1.4. A concesión é de carácter individual.

2. Nas modalidades b) e c) do artigo 23º.2, a selección correrá a cargo dos concellos ou empresas, mentres que a tramitación se fará a través dos centros galegos designados polos mesmos.

Artigo 28º.-Seguimento.

1. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa, no caso de concesión.

2. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias orixinais, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que considere oportuna.

Programa 5: cursos de terapia ocupacional

Artigo 29º.-Obxecto.

Promove-la realización de accións que posibiliten a creación de grupos de persoas da terceira idade de orixe galega residentes no exterior para o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes con finalidade de carácter terapéutico e formativo-ocupacional.

Artigo 30º.-Características dos cursos.

a) Duración: 50 horas impartidas como máximo en 3 semanas.

b) Lugar: as residencias de anciáns ou as instalacións dos centros galegos.

c) Modalidades: clases presenciais teórico-prácticas coa finalidade de desenvolve-las capacidades manuais e intelectuais sobre artesanía, moldeado, pintura, barro, tecidos, vimbio, entre outras especialidades.

d) Desenvolvemento curricular: os contidos a impartir seguirán a programación das unidades didácticas editadas para este programa pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e os materiais necesarios para as clases prácticas axustaranse ás relacións que, segundo os traballos a realizar, se indican nas devanditas unidades.

e) Requisito de concesión: mínimo 20 participantes por curso.

Artigo 31º.-Contido das axudas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica ó persoal docente.

c) Excepcionalmente, poderán atenderse os gastos de estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

d) O custo do material e o seu envío para imparti-lo curso.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención e, se é o caso, do aloxamento do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións adecuadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

Artigo 32º.-Solicitantes.

Centros galegos que desenvolvan labores de tipo asistencial, que teñan recoñecida a galeguidade ou estean considerados como colaboradores.

Artigo 33º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 5 desta orde.

b) Relación das persoas que desexen participar no curso, expresando apelidos e nome, número do DNI ou pasaporte, idade, lugar de nacemento e a súa residencia efectiva.

Artigo 34º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas

Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 35º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución que comunicará ás entidades solicitantes en función de:

-Número de persoas solicitantes do curso.

-Interese temático dos diversos cursos solicitados.

-Número de persoas solicitantes de orixe galega.

Tamén a secretaría xeral resolverá sobre a concesión do curso e comunicarallo ó centro galego, que estará condicionado ás dispoñibilidades orzamentarias existentes.

Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral debendo indica-lo seu nome e apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Artigo 36º.-Seguimento.

1. Ó remate do curso a entidade enviará a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de accións formativas

Programa 6: axudas para estudios universitarios destinadas a emigrantes galegos ou ós seus descendentes

Artigo 37º.-Obxecto e características.

1. A finalidade deste programa é potencia-la realización de estudios universitarios, nas facultades e escolas técnicas medias e superiores de Galicia, polos galegos, os seus fillos e netos, que non teñan rematada a súa primeira carreira, residentes no estranxeiro, con especiais aptitudes para o estudio e carentes de medios económicos suficientes, para acada-lo seu primeiro título universitario.

2. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 38º.-Contido das axudas.

As axudas destinaranse a cubri-los seguintes gastos durante o curso 96-97:

a) Académicos derivados dos estudios.

b) De estadía e manutención.

c) Da viaxe de ida e volta entre o lugar da súa residencia familiar e Galicia.

Artigo 39º.-Número e contía das axudas.

Convócanse un máximo de 15 bolsas por un importe unitario máximo anual de 400.000 ptas. En función do rendemento académico do beneficiario, a axuda poderase renovar ata completa-lo ciclo de estudios.

Artigo 40º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que acrediten documentalmente os seguintes requisitos:

-Os galegos, os seus fillos e netos que teñan a súa residencia no estranxeiro no momento da publicación da convocatoria.

-Que estean cursando no momento da convocatoria estudios de grao medio, no seu último curso, ou estudios universitarios e desexen remata-la súa carreira en Galicia.

-Que non posúan titulación universitaria.

Artigo 41º.-Documentación.

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 6 da presente orde.

b) Documento acreditativo da súa condición de galego ou ascendencia galega e do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 40º.

c) Xustificación documental dos ingresos económicos da unidade familiar ou, no caso de traballar por conta propia, declaración xurada responsable.

d) Documentación na que conste o expediente académico do solicitante, con expresión das disciplinas cursadas e as cualificacións obtidas nos tres últimos cursos académicos inmediatamente anteriores ó que estea cursando na actualidade, así como a escala de notas aplicada polos centros onde realizou os estudios.

e) Xustificación das cualificacións obtidas no curso 95-96 ou, no caso dos países nos que os cursos académicos coincidan con anos naturais, as correspondentes ó curso 1995.

Artigo 42º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación:

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, deberán ser enviadas á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo de presentación :

-Ata o 31 de marzo de 1996 para a documentación relacionada no artigo 41º alíneas a), b), c) e d).

-Ata o 20 de xullo ou 30 de setembro de 1996 para a documentación relacionada no artigo 41º alínea e), nas convocatorias de xuño e setembro.

Artigo 43º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas fará unha selección provi

sional aplicando os seguintes criterios:

-Valoración do expediente académico do solicitante.

-Valoración das circunstancias económicas da unidade familiar.

No caso de que o solicitante fora adxudicatario dunha destas axudas no exercicio de 1995 e persistan as circunstancias económicas da súa unidade familiar:

-Aproveitamento académico no curso 95-96.

2. Rematada a devandita selección, elaborarase unha relación provisional de beneficiarios, que se elevará a definitiva mediante resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, e se lle comunicará ós solicitantes, unha vez presentado por aqueles o resgardo da matriculación. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento serán cubertas polos beneficiarios provisionais suplentes que aportasen a dita acreditación documental.

3. Tódolos trámites necesarios para matricularse na universidade galega elixida deberán ser realizados directamente polos propios solicitantes.

Artigo 44º.-Pagamento e xustificación.

O beneficiario percibirá o 75% do importe da axuda polo procedemento establecido, unha vez que presente perante a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas resgardo de matriculación no centro universitario onde vaia cursa-los estudios. Este documento deberá presentarse nesta secretaría xeral dentro do exercicio orzamentario e, de ser posible, antes de remata-lo mes de novembro. As vacantes producidas pola non presentación do dito documento poderanse cubrir cos beneficiarios provisionais suplentes que acheguen a dita documentación.

Na segunda das fases percibirá o 25% restante do importe da axuda, unha vez que presente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas documentos acreditativos da súa incorporación ó curso académico.

Artigo 45º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas estarán obrigados a:

a) Incorporarse ó centro elixido ó comezo do curso académico.

b) Residir durante o curso académico en Galicia.

c) Ó remate do curso, deberán entregar unha breve memoria xuntando documentación onde consten as cualificacións obtidas.

d) Estas bolsas son incompatibles co desfrute de calquer outro tipo de bolsas, tanto de institucións públicas como privadas.

O incumprimento das obrigas anteriores orixinará a perda inmediata da axuda concedida e a devolución polo beneficiario das cantidades percibidas mediante o procedemento de constrinximento.

Programa 7: cursos de especialización

Artigo 46º.-Obxecto e características.

1. Dous son os obxectivos que se pretenden con estes cursos. Por un lado, adestrar e perfeccionar mozos en técnicas necesarias para mellora-la expresión, dramatización e escenificación nos nosos grupos teatrais, así como a calidade dos instrumentos musicais e a coreografía e execución das danzas tradicionais galegas. Doutro lado, formar mozos maiores de 18 anos que poidan dinamizar á xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos.

2. A metodoloxía dos cursos será dinámica e participativa utilizando, sempre que se poida, recursos audiovisuais que fagan referencia a Galicia.

3. Estes cursos deberán ter como introducción unha sección informativa dedicada exclusivamente a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico, monumental, etc.

4. Os cursos serán de formación intensiva, terán lugar con preferencia en Galicia e contarán cunha duración mínima de 50 horas lectivas; o número de participantes en cada unha das modalidades non será superior a 25. En todo caso o número total de prazas e o desenvolvemento de cada un dos cursos serán obxecto da oportuna resolución da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Os cursos de carácter teatral, así como os de danza e música tradicional galega serán realizados en colaboración co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais da Xunta de Galicia baseándose para tal fin nas súas unidades de producción:

-Ballet Gallego Rey de Viana.

-Centro Dramático Galego.

-Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 47º.-Modalidade dos cursos.

1. Cursos de especialización en técnicas de danza e música tradicional galega, que terán dúas partes:

a) Primeira parte:

-Técnicas básicas das posicións, dos pasos e dos puntos.

-Principios xerais de coreografía aplicables a danzas galegas.

-Coreografía especialmente aplicable ás muiñeiras, xotas, danzas festivas e danzas gremiais.

b) Segunda parte:

-Coñecemento e utilización dos materiais e ferramentas precisos para facer palletas e pallóns.

-Modos de fabricación de pallóns e palletas.

-Afinación do ronco e do punteiro.

2. Cursos de especialización en técnicas de teatro que abranguerán as seguintes áreas:

a) Texto teatral: natureza, análise e texto de representación.

b) Reparto, ensaios e traballo do director de escena.

c) Espacio escénico: escenografía, movemento, iluminación e espacio sonoro.

d) Os estilos escénicos, producción na posta en escena, últimos ensaios e ensaios xerais.

3. Cursos de especialización en animación xuvenil que abranguerán as seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia: historia, lingua, cultura, xeografía, institucións e sociedade.

b) Área de psicosocioloxía do tempo libre.

c) Área de planificación e xestión de actividades: programación, xestión de recursos humanos e económicos, publicidade e información.

d) Área de aire libre: materiais, urbanismo, programación e administración campamental e seguridade e hixiene.

4. As persoas que participen nos cursos da modalidade de animación xuvenil poderán optar a facer prácticas como monitores integrados nas actividades campamentais do programa 16. Para isto coordinarase a Secretaría Xeral para as Relacions coas Comunidades Galegas coa Dirección Xeral de Xuventude, co fin de programar debidamente a integración nos equipos de monitores da campaña de verán.

Artigo 48º.-Contido das aportacións.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo da viaxe dos participantes de Europa e América, de ida de volta, desde os lugares de partida, fixados pola secretaría xeral, ata os aeroportos de Galicia.

b) O custo da estadía dos participantes nas instalacións de realización do curso.

O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, no caso dos cursos de carácter instrumental-musical, teatral así como dos de danza tradicional galega, farase cargo de proporciona-las instalacións e da selección e dotación do profesorado.

Artigo 49º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a estes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. As entidades solicitantes de prazas para estes cursos, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser galego ou descendente de galego.

b) Ser maior de 18 anos.

c) Ser socio dun centro galego que teña a galeguidade recoñecida ou sexa centro colaborador.

d) Pertencer ó grupo de animación xuvenil, teatral ou folclórico desa entidade.

e)Ter feito, polo menos, dous cursos de animación xuvenil ou de folclore.

3. Terán preferencia para asistiren ós cursos aquelas persoas que acrediten ter algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de animación xuvenil, teatro ou folclore.

4. Por cada centro non poderán participar nos cursos máis de dúas persoas para cada unha das modalidades.

Artigo 50º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación nestes cursos será:

a)Solicitude-proposta do centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 7 desta orde.

b)Documento acreditativo de que se dan no solicitante as condicións das letras b), c) e d) da alínea 2 do artigo anterior.

Artigo 51º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 52º.-Tramitación e resolución; seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes-proposta dos cursos.

2. No seu momento, a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral dicta-la resolución que coide oportuna.

Programa 8: cursos de formación ocupacional e empresarial

Artigo 53º.-Obxecto e carterísticas.

1. Os cursos de formación ocupacional terán por finalidade mellora-la formación técnico-profesional dos galegos e os seus descendentes, con idades comprendidas entre 16 e 30 anos, no ámbito dos centros galegos da Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración non superior a cento vinte

horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco en cada modalidade.

Estes cursos poderán xestionarse, mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

2. Os cursos de formación empresarial terán por finalidade mellora-la formación técnico-empresarial dos galegos e os seus descendentes, que igualmente residan na Galicia do exterior. Estes cursos terán unha duración máxima de cincuenta horas, e o número de participantes non será inferior a vintecinco.

Estes cursos poderán xestionarse, se é o caso, mediante o oportuno acordo entre a Consellería de Industria e Comercio e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, coa colaboración das asociacións de empresarios galegos no exterior.

Artigo 54º.-Modalidade dos cursos.

1. Tanto os cursos de formación ocupacional como os de formación empresarial poderán ser de dúas modalidades: A) cursos de acción directa e B) cursos subvencionados.

2. Serán cursos de acción directa aqueles que, sendo solicitados polos centros, sexan programados e executados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Serán cursos subvencionados aqueles que sexan programados e executados polos centros integramente.

Artigo 55º.-Contido das aportacións.

A) Cursos de acción directa

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e a Consellería de Familia, Muller e Xuventude faranse cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado no lugar de celebración do curso.

c) O custo do material e envío deste para imparti-lo curso.

d) O custo da compensación económica do profesorado.

2. Os centros faranse cargo de:

a) O custo da manutención do profesorado.

b) Proporciona-las instalacións adecuadas.

c) Proporciona-lo material funxible necesario.

B) Cursos subvencionados.

Poderán ser subvencionados ata un máximo dun 75% aqueles cursos que se axusten ás normas da presente orde e o seu posterior desenvolvemento e sexan aprobados pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 56º.-Solicitantes.

1. Serán solicitantes dos cursos de formación ocupacional os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. Dos cursos de formación empresarial serán solicitantes as asociacións de empresarios galegos da Galicia do exterior.

Artigo 57º.-Documentación.

1. A documentación precisa para os cursos de formación ocupacional será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 8 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, nº do DNI ou do pasaporte.

2. A documentación precisa para os cursos de formación empresarial será:

a) Solicitude da asociación segundo o modelo do anexo 8 bis desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, nº do DNI ou do pasaporte.

3. No caso dos cursos subvencionados, tanto de formación ocupacional como empresarial, xuntarase á solicitude:

a) Programa das materias que se van impartir.

b) Currículum do profesorado.

c) Horario do curso, indicando lugares e datas de realización deste.

d) Orzamento pormenorizado do curso.

Artigo 58º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 59º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos cursos.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso indicando, se é o caso, nome do profesorado, data, lugar e hora de chegada, así como as súas datas de celebración.

Artigo 60º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades

Galegas unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de realización dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 9: cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega

Artigo 61º.-Obxecto.

1. O programa consiste en promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como en difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

2. Este programa é o resultado do acordo de colaboración entre a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 62º.-Características.

1. Estes cursos van dirixidos, preferentemente, a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos; se ben poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

2. Cada curso terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes, cun mínimo de dúas horas diarias por grupo.

3. Os cursos serán de dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento.

4. Para que o curso poida ser concedido é necesario que conte cun número mínimo de 25 alumnos, dos que polo menos un 60% sexa de orixe galega.

Artigo 63º.-Contido das aportacións.

1. A Dirección Xeral de Política Lingüística farase cargo de:

a) O custo das horas de docencia do profesorado.

2. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ó lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 30 días.

c) O custo do material para o curso.

d) O custo do envío do material.

3. Os centros faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesor durante os 30 días.

Artigo 64º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 65º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 9 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

Artigo 66º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 67º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso indicando nome, data, lugar e hora de chegada do profesor, así como as datas de celebración do curso.

Artigo 68º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de Accións Culturais

Programa 10: concurso público cultural de artigos xornalísticos, contos, vídeo, pintura, debuxo e fotografía

Artigo 69º.-Obxecto.

Promove-lo desenvolvemento das actividades culturais nos seus aspectos literarios e plásticos dentro das comunidades galegas da Galicia do exterior, para potenciar e dinamiza-los ditos centros, para que teñan unha vida plena do maior contido posible.

Artigo 70º.-Características.

1. Este concurso poderá ser convocado polos centros de acordo coas súas posibilidades, e a este

certame convocado pola secretaría xeral poderanse presenta-los traballos que foran premiados polos centros.

2. A temática dos traballos terá que estar relacionada con Galicia ou coa emigración galega.

Artigo 71º.-Premios.

Os premios de cada unha das modalidades serán os seguintes:

1. Modalidade de artigos xornalísticos, premio «Andoriña»:

a) Primeiro premio: 300.000 ptas.

b) Segundo premio : 150.000 ptas.

c) Terceiro premio: 75.000 ptas.

2. Modalidade de contos, premio «Bolboreta»:

a) Primeiro premio: 200.000 ptas.

b) Segundo premio : 100.000 ptas.

c) Terceiro premio: 50.000 ptas.

3. Modalidade de vídeos, premio «Xanela»:

a) Primeiro premio: 250.000 ptas.

b) Segundo premio : 150.000 ptas.

c) Terceiro premio: 100.000 ptas.

4. Modalidade de pintura, premio «Camelia»:

a) Primeiro premio: 400.000 ptas.

b) Segundo premio : 200.000 ptas.

c) Terceiro premio: 100.000 ptas.

5. Modalidade de debuxo, premio «Mimosa»:

a) Primeiro premio: 300.000 ptas.

b) Segundo premio : 200.000 ptas.

c) Terceiro premio: 100.000 ptas.

6. Modalidade de fotografía, premio «Vagalume»:

a) Primeiro premio: 200.000 ptas.

b) Segundo premio : 100.000 ptas.

c) Terceiro premio: 50.000 ptas.

Artigo 72º.-Participantes.

1. Poderán participar neste concurso os autores de calquera traballo das modalidades enumeradas no artigo anterior, segundo as idades que figuren nas bases que se publicarán antes de transcorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

2. Así mesmo poderán participa-los autores de traballos que foran premiados nos concursos convocados polos centros galegos, sempre que estean de acordo coas anteditas bases.

Artigo 73º.-Documentación.

Cada traballo que se presente ó concurso deberá vir acompañado dunha proposición onde figure:

a) Nome do traballo

b) Nome e apelidos do autor, enderezo, país e número de teléfono.

c) Valor estimativo da obra, se é o caso.

Artigo 74º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Os autores que non se presentasen ós concursos dos centros enviarán os seus traballos a través dunha sociedade galega do exterior, e excepcionalmente, directamente a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana, 15704, Santiago de Compostela. A Coruña) dentro do prazo que se sinale nas bases.

2. Os centros galegos que teñan convocados concursos poderán envia-los traballos premiados por eles para participar neste certame.

Artigo 75º.-Resolución e decisión.

1. A secretaría xeral publicará, nas datas sinaladas no artigo 72º, as bases da convocatoria para tódalas modalidades, e nomeará un xurado de persoas especialistas nas materias convocadas.

2. O xurado, unha vez vistos os traballos, elevará a súa decisión á devandita secretaría xeral, que resolverá o que proceda.

Artigo 76º.-Difusión das obras premiadas.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas reservará para si o dereito de reproduci-las obras premiadas, que quedarán da súa propiedade, para utilizalas en actividades non comerciais.

2. O xeito de participar no concurso presupón a aceptación das normas contidas neste programa e nas bases correspondentes.

Programa 11: axudas para a realización de actividades asociativas e culturais

Artigo 77º.-Obxecto.

A concesión de axudas dirixidas a subvencionar, total ou parcialmente, as actividades de carácter asociativo e cultural realizadas en favor das comunidades galegas co fin de facer efectivos os dereitos de carácter cultural que lles recoñece a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Artigo 78º.-Características.

Ademais das actividades previstas nos distintos programas do Plan de Accións Culturais, numerados do 10 ó 15, realizadas directamente polas comunidades galegas, poderán ser subvencionadas, entre outras que se axusten á Lei de recoñecemento da galeguidade, as seguintes:

1. Realización de cursos, seminarios, xiras e conferencias non previstos en programas específicos desta convocatoria.

2. Programación e realización de actos commemorativos de efemérides ou festas de especial significación para a lingua, historia ou cultura de Galicia.

3. Viaxes culturais polo Camiño de Santiago en Galicia.

4. Desprazamentos que no exercicio da súa función representativa realicen os membros da comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas, dentro do seu ámbito territorial de actuación, sempre que se realicen coa previa autorización por escrito da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e cumprindo as condicións establecidas por ela.

5. A realización de tarefas complementarias de xestión por parte dos centros coordinadores de programas de axudas individuais designados naquelas partes onde se constitúa comisión avaliadora de axudas segundo o previsto na disposición adicional primeira desta orde.

Artigo 79º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras, así como polas institucións e asociacións sen fin de lucro e as persoas físicas que puideran, se é o caso, realizar accións que sirvan ós fins sinalados no artigo 78º da presente orde.

Artigo 80º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se une como anexo 10 á presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren necesarias para unha adecuada valoración da solicitude por parte da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 81º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 82º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución, que comunicará ás entidades solicitantes e, sen prexuízo doutros extremos que se puideran tomar en consideración, ponderará as seguintes circunstancias nas solicitudes de subvención:

-A necesidade e utilidade das accións que se van desenvolver.

-O colectivo de persoas sobre as que poida incidirse.

-A capacidade de xestiona-las actividades para as que se solicita subvención.

Artigo 83º.-Seguimento.

1. A solicitude de subvención supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que crea necesarias para asegura-lo cumprimento das normas e condicións da subvención, no caso de que se conceda.

2. Os beneficiarios das subvencións quedan obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas, que deberá ser aprobada previamente pola citada secretaría xeral para xustifica-las subvencións concedidas.

Artigo 84º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión de axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos correspondentes ás actividades ou programas xa realizados que se sinalan no punto seguinte.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez sexan xustificadas tódalas actividades realizadas con cargo á citada subvención.

c) Para as actuacións previstas no artigo 78º.5 e 78º.6, poderase autorizar excepcionalmente o réxime de pagamentos por xustificar previsto na normativa de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións, dentro do exercicio orzamentario, para proceder ó pagamento delas será a seguinte:

a) Informe detallado das actividades realizadas segundo a memoria que se xunta á solicitude de subvención.

b) Relación detallada dos gastos realizados con motivo da celebración das actividades subvencionadas e, se é o caso, dos recursos cos que se contou para o seu financiamento ou das axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, ou privados nacionais ou internacionais.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

Programa 12: acción informativa na galicia exterior

Artigo 85º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas dirixidas a potencia-la difusión da cultura e realidade de Galicia no exterior a través de infor

mación de prensa, revistas de carácter periódico, programas de radio e televisión, etc. que promovan un mellor coñecemento de Galicia no exterior, da nosa realidade científica e cultural, da nosa lingua, literatura, música e folclore, etc. ademais da difusión directa que realicen as propias comunidades galegas mediante puntos permanentes de información creados no seu seo.

Artigo 86º.-Características.

As actuacións específicas que poden ser subvencionadas a través deste programa axustaranse ás seguintes características:

1. A creación e mantemento de puntos fixos e permanentes de información turística sobre Galicia nas propias comunidades galegas será subvencionada cunha cantidade anual en función do horario de atención realizado e o colectivo de persoal sobre o que poida incidirse.

2. A edición e difusión periódica polas comunidades galegas de revistas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese, e a realización de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega por parte das comunidades galegas ou institucións e asociacións no exterior.

Estas actuacións serán subvencionadas en función da periodicidade, difusión e número de exemplares, calidade e custo dos exemplares publicados, se é o caso.

3. A distribución ás comunidades galegas e as empresas difusoras nos países onde aquelas estean establecidas, de programas informativos de interese sobre Galicia mediante acordos con organismos ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia.

Os acordos previstos neste último caso poderán realizarse ó longo do correspondente exercicio, en función do número e actualidade dos programas que se van distribuír, contidos de especial dedicación a Galicia e ámbito e medio de difusión.

Artigo 87º.-Solicitantes.

As solicitudes poderán ser presentadas polas entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como polas institucións ou empresas de radiodifusión e televisión de Galicia para os casos de distribución de programas a comunidades galegas previstos na alínea 3 do artigo anterior.

Artigo 88º.-Documentación.

Para as actuacións previstas na alínea 2 do artigo 86º a documentación deberá estar integrada por:

-Solicitude segundo o modelo normalizado que se xunta como anexo 11 da presente orde, xuntando as follas adicionais que se consideren precisas para unha adecuada valoración da axuda atendendo ós criterios sinalados no artigo 86º.

Artigo 89º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas

Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 90º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, dictará resolución no prazo de dous meses a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes valorándoas en función dos criterios sinalados no artigo 86º desta orde.

Artigo 91º.-Seguimento.

1. A solicitude de axuda supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poida face-las comprobacións que precise para asegura-lo cumprimento das normas e requisitos fixados na presente orde.

2. Os centros beneficiarios das axudas deberán comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das accións previstas.

Artigo 92º.-Pagamento e xustificación.

1. Xustificación:

Os centros beneficiarios das axudas deberán presentar dentro do exercicio orzamentario a seguinte documentación:

-Informe acreditativo da realización da actuación informativa subvencionada, remitindo á secretaría xeral un exemplar de cada número publicado cando se trate de axudas para edición de revistas e boletíns.

-Relación dos gastos feitos con motivo da realización da actividade subvencionada.

A documentación presentada polos centros galegos deberá ser asinada polo secretario co visto e prace do presidente.

2. Pagamento:

O sistema de pagamento das subvencións concedidas por este programa será o mesmo que o previsto para as subvencións do programa de actividades asociativas e culturais.

Programa 13: dotacións para bibliotecas

Artigo 93º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxecto favorece-la difusión da cultura galega mediante a provisión de material bibliográfico ós centros da Galicia do exterior.

2. As dotacións consistirán en material enviado desde Galicia, para incrementa-lo fondo bibliográfico do centro solicitante.

Artigo 94º.-Contido das dotacións.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá concede-lo material bibliográfico solicitado, facéndose cargo do financiamen

to do custo deste, que non poderá ter, en ningún caso un valor superior á 100.000 pesetas, e do custo do envío ó centro galego.

Artigo 95º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 96º.-Documentación.

A documentación que se presentará será a seguinte:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo 12.

b) Relación de libros solicitados coa súa correspondente referencia bibliográfica (autor, editorial, etc.)

Artigo 97º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 98º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

3. A secretaría xeral, no seu momento, comunicará ós centros a adxudicación da dotación.

Artigo 99º.-Seguimento.

A solicitude dun centro supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 14: cursos de danza, música e confección de traxes tradicionais

Artigo 100º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto promove-la realización de accións que eleven o nivel artístico dos grupos folclóricos dos centros galegos.

Artigo 101º.-Características.

1. Os cursos versarán sobre danza, música e confección de traxe galego, e irán dirixidos ós centros galegos que teñan grupo folclórico ou que manifesten a súa vontade de crealo.

2. A duración dos cursos será de 15 días e o horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes.

3. Ó comezo do curso realizarase unha sesión informativa de introducción dedicada, exclusivamente, a dar a coñecer Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

4. Para que poida ser concedido un curso, é necesario que conte cun número mínimo de 10 participantes.

Artigo 102º.-Contido das aportacións.

1. A secretaría xeral farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da compensación económica do personal docente.

c) Se é o caso, o custo do material que figura na lista correspondente, debendo quedar confeccionado un traxe de muller e outro de home.

2. Os centros faranse cargo con carácter ordinario, dos gastos da estadía e manutención do profesorado durante os 15 días de duración do curso.

Artigo 103º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la realización destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 104º.-Documentación.

Solicitude dos centros segundo o modelo do anexo 13.

Artigo 105º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 106º.-Tramitación e resolución.

1. A secretaría xeral notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. No seu momento, a secretaría xeral, unha vez aprobada e feita pública a resolución adxudicatoria dos cursos, comunicará a concesión indicando nome, data, lugar e hora de chegada do profesor así como datas de celebración do curso.

Artigo 107º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso, a entidade a quen se lle concedeu, remitirá a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas unha breve memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a secretaría xeral coide necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Programa 15: cursos extraordinarios

Artigo 108º.-Obxecto e características.

1. Este curso faise preciso porque estamos vivindo a época do turismo, da comunicación. É necesario orienta-lo viaxeiro ou o residente noutro país cunha serie de datos sobre Galicia, de interese para que estas persoas teñan unha estadía na nosa terra que poida engadir un novo matiz ós seus coñecementos, o matiz do galego, o matiz da existencia da realidade da etnia galega.

2. Será un curso intensivo, curto e rápido, impartido por áreas xeográficas, apoiándose nas comunidades de galegos máis numerosas.

3. Terá por finalidade formar a persoas pertencentes a comunidades galegas para proporcionarlles coñecementos sobre a realidade cultural-turística da Galicia actual, perfeccionando ó mesmo tempo as súas capacidades de comunicación. Ditos coñecementos conforman, a través das clases recibidas, o adestramento de informadores turísticos de Galicia e do Camiño de Santiago.

4. O curso terá lugar nas instalacións da entidade que, dentro de cada área, designe a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 109º.-Modalidade do curso.

Será un curso de informadores turísticos e do Camiño de Santiago, feito en colaboración coa Secretaría Xeral para o Turismo, impartido por persoal especializado que recollerá aspectos tales como:

-Recursos turísticos de Galicia.

-Trazos diferenciais da oferta turística galega.

-Diversificación de novas ofertas.

-Áreas naturais e itinerarios máis importantes para coñece-la paisaxe e os monumentos artísticos e históricos de Galicia.

-O Camiño de Santiago como legado histórico e as peregrinacións.

Artigo 110º.-Contido das aportacións.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento e, no seu caso, da estadía dos partipantes que non residan na área metropolitana na que se vai imparti-lo curso.

b) O custo das retribucións do persoal docente.

c) O custo da viaxe do personal docente aportado pola secretaría xeral.

2. Os organismos ou entidades colaboradoras faranse cargo de:

a) O custo do material preciso para a realización do curso.

b) O custo do envío deste material.

c) O custo da viaxe do persoal docente aportado pola entidade.

Artigo 111º.-Solicitantes.

1. Poderán propoñer asistentes a este curso os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

2. As entidades solicitantes de prazas para este curso, ó faceren a selección, deberán ter en conta os seguintes criterios:

a) Ser maior de idade, procurando que unha maioría dos asistentes sexa menor de 30 anos.

b) Ser socio do centro e ter capacidade de comunicación.

c) Ser persoa que teña algunha responsabilidade, dentro da súa comunidade galega, nas áreas de turismo ou información sobre Galicia.

3. O número de asistentes ó curso non será menor de 100. A relación de alumnos poderá conformarse a partir das propostas de asistentes presentadas por diferentes entidades galegas da mesma área xeográfica.

Artigo 112º.-Documentación.

A documentación precisa para solicita-la participación neste curso será a solicitude-proposta que faga o centro segundo o modelo normalizado que aparece no anexo 14 desta orde.

Artigo 113º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 114º.-Tramitación, resolución e seguimento.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes.

2. No seu momento a secretaría xeral comunicará a concesión do curso.

3. A solicitude de participación supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas faga as comprobacións que considere precisas para asegura-lo cumprimento do contido e condicións do programa.

4. Os centros quedan obrigados a comunicarlle á secretaría xeral, se é o caso, calquera alteración das circunstancias que orixinaron a selección, podendo a devandita secretaría xeral, dicta-la resolución que coide oportuna.

Plan de Accións Xuvenís

Programa 16: actividades campamentais

Artigo 115º.-Obxecto e características.

1. O programa ten por obxeto a inserción na vida social e cultural do pobo galego dos rapaces e mozos comprendidos en idades de 14 a 19 anos, pertencentes ás comunidades galegas da Galicia do exterior, visitando lugares de interese nas catro provincias galegas, achegándose ás raíces ancestrais do noso pobo, á nosa cultura etnográfica e ó noso medio rural e desenvolvendo ó mesmo tempo actividades recreativas, culturais, turísticas e deportivas.

2. Convócanse 410 prazas en campamentos e albergues xuvenís da Comunidade Autónoma de Galicia, nas modalidades, itinerante «Coñece Galicia» e «Mar e Natureza». No primeiro caso os seleccionados residirán en cada quenda consecutivamente en tres das seguintes instalacións: Eijo Garay de Lugo, López Cuevillas de Ourense, Altamar de Vigo e Gandarío da Coruña. No segundo residirán neste último albergue e no Chanto de Sarria (Lugo). Os participantes integraranse cos demais rapaces e mozos residentes en Galicia, nunha cifra que non superará, aproximadamente, o 10 % do número total dos participantes na quenda.

3. As prazas serán de carácter xeral pero poderán, nun número de 100 ou máis, ter unha subvención do 50 % do custo da viaxe.

4. Este programa é o resultado do acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

5. Este programa poderá realizarse na modalidade de «en colaboración cos concellos» coa finalidade de obte-la inserción na vida social e cultural dos concellos galegos dos rapaces e mozos, fillos ou netos de persoas orixinarias deles, comprendidos nas idades que se establezan e que residan na Galicia exterior. Esta modalidade que será obxecto dunha circular explicativa, será desenvolvida en colaboración entre esta secretaría xeral e os concellos galegos que a suscriban.

Artigo 116º.-Contido das aportacións.

A secretaría xeral, en colaboración coa Consellería de Familia, Muller e Xuventude, farase cargo de:

a) O custo da parte da viaxe que se estableza, así como o custo do traslado dos participantes de Iberoamérica desde o aeroporto de Santiago de Compostela ata o lugar de celebración da actividade, tendo en conta as especiais circunstancias polas que atravesa esta área da emigración galega.

b) O curso da estadía, manutención e actividades paralelas á quenda solicitada.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos», a secretaría xeral en colaboración co concello correspondente farase cargo do custo da parte da

viaxe que se estableza, sendo con cargo ó concello a estadía e actividades que se acorden.

Artigo 117º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas prazas os fillos ou descendentes de galegos que non teñan participado en edicións anteriores deste programa.

Artigo 118º.-Documentación.

A documentación será a seguinte:

a) Instancia segundo o modelo do anexo 15.

b) Documentos oficiais acreditativos da orixe galega do beneficiario ou dos seus ascendentes.

c) Fotocopia do documento preciso para unha posible asistencia sanitaria.

d) Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e ser apto para participar, con normalidade, nas actividades recreativas e deportivas.

e) Dúas fotografías tamaño carné.

f) Os participantes menores de idade deberán traer unha autorización para viaxar, asinada polos pais ou titores legais.

g) Os participantes menores de idade de Europa ou Iberoamérica, que desexen quedar coa súa familia ó termina-la actividade, deberán traer unha autorización asinada polos pais ou titores legais.

Artigo 119º.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes xuntamente coa documentación correspondente entregarase nos centros galegos ata o 31 de marzo de 1996.

Na modalidade de «en colaboración cos concellos» as solicitudes presentaranse no prazo establecido de acordo co concello e nas entidades galegas que se designen.

Artigo 120º.-Tramitación e resolución.

1. A Consellería de Familia, Muller e Xuventude indicará as prazas disponibles en cada quenda así como os tramos de idade posibles para cada campamento.

2. A secretaría xeral asignará as prazas que corresponderán a cada unha das áreas e dentro da área de Iberoamérica a cada un dos países.

3. Vistas as prazas convocadas, os solicitantes presentarán a súa documentación nos centros galegos ós que pertenzan.

4. Os centros galegos tramitarán as solicitudes remitindo a documentación do xeito seguinte:

a) Os centros galegos de España e Europa directamente á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

b) Os centros galegos de América farán a tramitación das solicitudes polo mesmo método e comisión cás sinaladas no artigo 7º, alíneas 1, 2, 3, 4, 5 e 6 desta orde, pero considerando para este

programa como centros coordinadores, os seguintes:

* En Arxentina:

-Centro Galicia de Buenos Aires.

-Centro Galego de Buenos Aires. Oficina Delegada.

* En Brasil:

-Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

-Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador-Baía.

* En Chile:

-Lar Galego de Santiago de Chile.

* En Cuba:

-Sociedade Cultural Rosalía de Castro de La Habana.

* En Uruguai:

-Casa de Galicia de Montevideo.

-Unión de Sociedades Galegas de Montevideo.

* En Venezuela:

-Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

5. A selección dos aspirantes farase en función de:

a) Idade dos participantes.

b) Grao de ascendencia galega.

c) Tempo sen vir a Galicia.

d) Área de residencia e distancia a Galicia.

e) Situación económica da familia.

6. A secretaría xeral adxudicará directamente, atendendo a orde de chegada das documentacións, as prazas de Europa e España.

7. A secretaría xeral comunicará os centros de adxudicación definitiva das prazas.

8. Con carácter previo á realización da viaxe a Galicia, os mozos seleccionados deberán asistir ás sesións informativas que se realizarán nos seus países de orixe, especificamente encamiñadas ó coñecemento da realidade galega en xeral e da actividade campamental en particular.

9. Na modalidade de «en colaboración con concellos» a tramitación realizarase a través das entidades galegas designadas e a selección dos participantes farase de acordo co contido do punto 5 deste artigo polo correspondente concello galego coa colaboración desta secretaría xeral.

Artigo 121º.-Seguimento.

1. Ó remata-la actividade, a entidade remitirá a esta secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. Será preceptivo que os centros designen unha persoa que coordine as xestións desta actividade coa secretaría xeral, debendo indica-lo seu nome, apelidos, número de teléfono e horario de localización.

Programa 17: cursos de animación xuvenil

Artigo 122º.-Obxectivo e características.

1. Preténdese con estes cursos formar xoves maiores de 16 anos que poidan dinamiza-la xuventude dentro do ámbito de influencia dos centros galegos. Ó mesmo tempo han ser capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas para a xuventude tanto en tempo libre urbano como na natureza.

2. Estes cursos de animación xuvenil terán as seguintes áreas:

a) Área de coñecemento de Galicia desde o punto de vista cultural, histórico e monumental.

b) Área de psicosocioloxía e metodoloxía educativa.

c) Área de técnicas e recursos:

-Expresión literaria gráfica.

-Dramatización.

-Introducción ás artes plásticas.

-Xogos e cancións de animación.

-Primeiros auxilios.

d) Área de aire libre e educación ambiental.

3. Para que poida ser obxecto de aprobación un curso, deberase contar cun mínimo de vintecinco participantes.

4. Este programa poderá ser obxecto de acordo de colaboración entre a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 123º.-Contido das aportacións.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas farase cargo de:

a) O custo do desprazamento do profesorado ata o lugar de celebración do curso.

b) O custo da estadía do profesorado, no lugar de celebración do curso, ata un máximo de 14 días.

c) O custo das horas de docencia do profesorado.

d) O custo do material para os cursos.

e) O custo do envío do material.

2. Os centros galegos faranse cargo de:

a) Proporciona-las instalacións adecuadas para face-lo curso.

b) O custo da manutención do profesorado.

Artigo 124º.-Solicitantes.

Poderán solicita-la celebración destes cursos os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade, así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 125º.-Documentación.

A documentación precisa para solicitar estes cursos será:

a) Solicitude do centro segundo o modelo do anexo 16 desta orde.

b) Relación nominal dos participantes na que constarán apelidos e nome, número do DNI ou do pasaporte.

Artigo 126º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 127º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas xustificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión dos cursos tendo en conta:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros.

Artigo 128º.-Seguimento.

1. Ó remata-lo curso a entidade remitirá á secretaría xeral unha memoria informativa sobre o seu desenvolvemento.

2. A solicitude de celebración dun curso supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas coide necesarias para asegura-lo cumprimento destas normas.

Programa 18: dotación de equipamentos deportivos ós centros

Artigo 129º.-Obxectivo e características.

1. Este programa ten como obxectivo a provisión do vestiario axeitado para a práctica deportiva ós centros da Galicia do exterior.

2. Poderá ser obxecto de acordo da colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 130º.-Contido das dotacións.

A secretaría xeral poderá concede-lo material deportivo solicitado, facéndose cargo do financiamento do seu custo e do envío ó centro galego solicitante.

Artigo 131º.-Solicitantes.

Poderán solicitar este tipo de dotacións os centros galegos incluídos no Rexistro Oficial da Galeguidade así como tódalas entidades consideradas como colaboradoras.

Artigo 132º.-Documentación.

l. Solicitude segundo o modelo do anexo 17.

2. Certificación asinada polo secretario e mailo presidente indicando o número de mozos que están

a facer deporte en cada unha das modalidades deportivas.

3. Relación de material solicitado.

Artigo 133º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 134º.-Tramitación e resolución.

l. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas notificará a recepción das solicitudes dos centros.

2. A secretaría xeral resolverá a concesión das dotacións en función de:

a) Asignación orzamentaria.

b) Características dos centros solicitantes.

Artigo 135º.-Seguimento.

A solicitude de dotación supón o compromiso de acepta-las comprobacións que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas considere necesarias para asegura-lo cumprimento das presentes normas.

Plan de Asistencia Estructural, Funcional e de Equipamento de Centros

Programa 19: axudas para rehabilitación de locais e instalacións dos centros e para promoción de novos proxectos asistenciais

Artigo 136º.-Obxecto e características.

Ten por obxecto a concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, a rehabilitación de edificios, así como a promoción de novos proxectos de carácter asistencial por parte das comunidades galegas no exterior.

Artigo 137º.-Finalidade das axudas.

1. Prestar axuda ás comunidades galegas que posúen patrimonio propio para mantelo de forma decorosa. As axudas dedicaranse á mellora, conservación ou acondicionamento de edificios, locais ou instalacións nas sedes das comunidades galegas para a mellor prestación dos seus servicios asistenciais, culturais, educativos, etc.

2. Prestar axuda ás comunidades galegas que teñen patrimonio propio e fagan investimentos para proporcionar ós seus socios prestacións socio-culturais ou deportivas atractivas para a xuventude.

3. Prestar axuda ás entidades que carezan de patrimonio e non teñan posibilidade de afronta-la adquisición de instalacións propias, pero que necesitan realizar obras imprescindibles de adecuación nos locais que ocupan.

4. Prestar axuda á promoción de novos proxectos asistenciais incluíndo a ampliación de centros asistenciais, tales como residencias, centros hospitalarios, etc., que sexan promovidos polas comunidades galegas do exterior, nos seus lugares de asentamento para a atención dos seus asociados galegos.

Artigo 138º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 139º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 18 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos que se considere necesario.

b) Proxecto ou memoria complementaria correspondente ás obras previstas e orzamento detallado delas.

Tódalas solicitudes poderán estar acompañadas de calquera outra documentación complementaria que se considere adecuada para unha mellor valoración.

Artigo 140º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 141º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolucións e comunicarallas ás entidades solicitantes, en función de:

-Orzamento total que supoña a actuación de rehabilitación ou promoción de novos proxectos.

-Finalidade social da acción e número de supostos beneficiarios.

-Situación xurídica das instalacións, locais ou edificios, onde se vai realiza-lo investimento atendendo ó réxime de utilización polos centros, como propietarios ou arrendatarios.

Artigo 142º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que considere necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera

posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 143º.-Pagamento e xustificación.

1. Pagamento:

Sen prexuízo da normativa aplicable, unha vez resolta a concesión da axuda, o pagamento realizarase de acordo coas seguintes normas:

a) Os trámites de pagamento de ata o 50% da subvención concedida poderanse iniciar a partir do momento da resolución de concesión, se así se xustifica cos documentos que se sinalan no punto 2 do presente artigo e que correspondan ás actuacións xa realizadas.

b) O pagamento do resto do importe da subvención concedida realizarase unha vez sexan xustificadas tódalas actuacións realizadas con cargo á citada subvención.

2. Xustificación:

A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente, acreditativa de que se realizaron as obras, melloras ou rehabilitacións de edificios e instalacións, ou as fases previstas nos novos proxectos asistenciais, segundo a memoria ou proxecto presentados no momento da solicitude da subvención.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo das actuacións subvencionadas que deberán presentarse en documento orixinal, por duplicado, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 20: axudas para mellora-las dotacións e equipamentos dos centros

Artigo 144º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvenciona-la dotación de mobiliario e equipamentos que contribúan a mellora-las condicións asistenciais, culturais, educativas, etc. das comunidades galegas no exterior, en beneficio dos seus asociados galegos.

Artigo 145º.-Finalidade da axuda.

1. Apoia-las entidades que teñan patrimonio propio e que desenvolvan actividades benéfico-sociais de apoio á poboación de maior idade e menos recursos. Estas axudas destinaranse, fundamentalmente, á adquisición de equipamentos tecnolóxicos de carácter sanitario.

2. Apoia-las comunidades galegas que precisan, necesariamente, dotar de equipamentos e mobiliario as súas sedes para atende-los seus fins propios mediante a realización de actividades educativas, culturais e sociais.

Artigo 146º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñan recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 147º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 19 da presente orde, que irá acompañada de follas adicionais para o desenvolvemento dos puntos en que se considere necesario.

b) As solicitudes que presenten as comunidades galegas por importe superior a 500.000 ptas. acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se prevé adquiri-los equipos ou mobiliario obxecto de subvención, salvo que se trate de bens de difícil adquisición fóra de Galicia, caso en que a valoración, adquisición e envío, poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 148º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 149º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicaralla ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición de mobiliario.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 150º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 151º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición do mobiliario ou equipamento subvencionado.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente de que se realizaron as adquisicións de mobiliario, equipos, etc. segundo o previsto na solicitude de subvención.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas, que deberán presentarse en documento orixinal, por duplicado, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

3. En casos excepcionais debidamente xustificados poderase aplica-lo sistema de pagamento fraccionado previsto no artigo 143 desta orde.

Programa 21: axudas para mellora-los equipamentos dos grupos folclóricos dos centros. Dotación de instrumentos musicais

Artigo 152º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas a subvencionar, en todo ou en parte, e na contía máxima de 300.000 ptas. a adquisición polas comunidades galegas de instrumentos musicais e material necesario para mellora-lo equipamento dos seus grupos folclóricos.

Artigo 153º.-Finalidade da axuda.

A adquisición dos instrumentos musicais habituais nos grupos folclóricos galegos -gaitas, tambores, pandeiretas-, para renova-lo seu equipamento e o material necesario para as actuacións dos grupos.

Artigo 154º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a súa galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 155º.-Documentación.

Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 20 da presente orde.

Artigo 156º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 157º.-Tramitación e resolución.

1. A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicaralla ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total da adquisición dos instrumentos ou material.

-Número de socios da entidade solicitante e de compoñentes do grupo.

Artigo 158º.-Seguimento.

A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

Artigo 159º.-Pagamento e xustificación.

A documentación que deben presenta-los beneficiarios destas axudas dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente de que se realizou a adquisición dos instrumentos obxecto de subvención neste programa.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados polo centro con motivo da adquisición dos instrumentos musicais que deberán presentarse en documento orixinal, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Programa 22: axudas para equipamentos de informática e comunicación

Artigo 160º.-Obxecto e características.

A concesión de axudas destinadas á subvención total ou parcial de equipos tecnolóxicos que contribúan tanto a mellora-las comunicacións desde e cos centros galegos posibilitando un eficiente fluxo de información, como a axilización da xestión interna dos centros coa dotación de equipos informáticos.

Artigo 161º.-Finalidade das axudas.

Facer realmente efectivos os dereitos de información e comunicación que concede ás comunidades galegas a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

1. Mediante o apoio económico na adquisición de FAX, completando a rede de mellora de comunicación das comunidades galegas entre estas e con Galicia.

2. Coa axuda para a adquisición de equipos audiovisuais polas comunidades galegas que posibiliten actividades educativas e culturais ós seus asociados galegos. Inclúese especialmente neste apartado a adquisición e instalación nos centros de sistemas de recepción vía satélite, antenas, etc., que permitan a transmisión ós seus asociados dos programas de radio e televisión españois destinados ou abertos ó exterior.

3. Subvencionando a adquisición de equipos informáticos polos centros e entidades galegas coa finalidade de moderniza-la xestión interna deles e permiti-lo acceso ás bases de datos que posibiliten

o coñecemento e difusión da realidade da Galicia actual.

Artigo 162º.-Solicitantes.

Poderán solicitar estas axudas as entidades que teñen recoñecida a galeguidade e aquelas consideradas colaboradoras.

Artigo 163º.-Documentación.

A documentación deberá estar integrada por:

a) Solicitude segundo o modelo normalizado do anexo 21.

b) As solicitudes por importe superior a 500.000 pesetas acompañaranse necesariamente do orzamento ou orzamentos correspondentes realizados polos provedores ós que se lles vaia adquiri-los equipamentos obxecto de subvención, salvo no caso de que se trate de bens de difícil adquisición, en que a valoración, adquisición e envío poderá ser excepcionalmente realizada directamente pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Artigo 164º.-Lugar e prazo de presentación.

1. Lugar de presentación.

Os centros galegos enviarán a documentación esixida á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas (Casa da Parra. Praza da Quintana. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña).

2. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 1996.

Artigo 165º.-Tramitación e resolución.

A Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas dictará resolución e comunicaralla ás entidades solicitantes en función de:

-Orzamento total que supoña o equipamento ou a adquisición.

-Finalidade social da actuación e número de supostos beneficiarios directos da institución.

Artigo 166º.-Seguimento.

1. A solicitude das axudas supón o compromiso de aceptar que a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas efectúe as comprobacións que coide necesarias para asegura-lo cumprimento do contido das normas e as condicións das axudas.

2. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a comunicarlle á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas calquera posible alteración das circunstancias, podendo a devandita secretaría xeral adopta-la resolución correspondente.

Artigo 167º.-Pagamento e xustificación.

1. Procederase ó pagamento unha vez realizada polo centro beneficiario a adquisición dos equipamentos subvencionados.

2. A documentación que deben presenta-los beneficiarios das subvencións dentro do exercicio orzamentario para proceder ó pagamento será a seguinte:

-Certificación do secretario do centro co visto e prace do presidente de que se realizou a adquisición de equipamentos de comunicación ou informática, segundo o previsto na solicitude de subvención.

-Factura ou facturas acreditativas dos gastos realizados con motivo das adquisicións subvencionadas que deberán presentarse en documento orixinal, por duplicado, ou en fotocopia debidamente compulsada polo secretario do centro co visto e prace do presidente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Nos programas nos que o contido o permita, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá, mediante resolución, para simplificar e axiliza-la selección dos beneficiarios, nomear unha comisión avaliadora constituída de acordo co disposto no artigo 7º desta orde.

A devandita comisión reunirase naqueles países onde se presentaron un maior número de solicitudes, levantando acta dos seus acordos, que terá valor de proposta de selección.

Segunda.-Se, por calquera motivo, a actividade programada non se puidese realizar, deberáselle comunicar á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas que poderá dispoñer do citado crédito para subvencionar proxectos inicialmente desestimados ou aumenta-la axuda doutros subvencionados parcialmente.

Terceira.-Facúltase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, sempre que a natureza e tramitación orzamentaria o permitan, para amplia-los prazos sinalados na presente orde mediante resolución.

Cuarta.-Os gastos en bens correntes e servicios que se ocasionen con motivo da realización dos programas 1 ó 18 realizaranse con cargo ó concepto orzamentario 04.03.213-A.226-7 (Actuacións derivadas da Lei da galeguidade) do orzamento da Comunidade Autónoma para 1996, e as axudas ou subvencións precisas para a realización dos citados programas concederanse con cargo á partida 04.03.213-A.480.00 (Transferencias correntes. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Fondos propios. Subvencións destinadas ó cumprimento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, e a axudas sociais), ata o límite do crédito previsto nas citadas aplicacións.

As subvencións correspondentes ós programas 19 ó 22, destinadas a rehabilitación de locais e dotacións de equipamentos, concederanse con cargo

á partida orzamentaria 04.03.213-A.780.00 (Transferencias de capital. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Rehabilitación de centros galegos no exterior. Fondos propios).

As subvencións destinadas á promoción de novos centros e novos proxectos asistenciais concederanse con cargo á partida orzamentaria 04.03.213-A.781.00 (Transferencias de capital. Subvencións a familias e institucións sen fin de lucro. Creación de novos centros e promoción de novos proxectos asistenciais. Fondos propios).

Quinta.-Na tramitación e resolución das axudas correspondentes a un mesmo centro, relativas a programas financiados con cargo ó mesmo capítulo e concepto orzamentario e sempre que as circunstancias o aconsellen e o importe global das subvencións concedidas con cargo ó devandito capítulo e concepto non exceda de cincocentas mil pesetas, a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas poderá acumular nun único expediente varias ou tódalas solicitudes de axudas de acordo co previsto na lexislación de procedemento administrativo, detallando na resolución, se o considerase preciso, a contía parcial concedida por cada programa.

Sexta.-De conformidade coa Orde do 2 de xuño de 1986 da Consellería de Economía e Facenda, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, non se comunicará resolución de concesión ós beneficiarios ata que resulten aprobados os créditos do programa 213-A (Accións en favor das comunidades galegas) que amparen o gasto correspondente. Os citados créditos figuran no Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

Sétima.-Dada a especificidade dos programas en favor das comunidades galegas, delégase no secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas a concesión das axudas e subvencións e a resolución dos concursos que se convocan pola presente orde. Se no prazo de seis meses desde a data de remate de presentación de solicitudes, non recaese resolución expresa desta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas para dicta-las resolucións que tecnicamente sexan necesarias para o cumprimento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8503