Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación da realización do servicio do teléfono xove e emprego xuvenil desde o 1 de marzo ata o 31 de decembro de 1996, ámbolos dous inclusive.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

-Obxecto do contrato: realización do servicio do teléfono xove e emprego xuvenil desde o 1 de marzo ata o 31 de decembro de 1996, ámbolos dous inclusive.

-Orzamento de licitación: catro millóns catrocentas mil pesetas (4.400.000 ptas.).

-Prazo de execución: do 1 de marzo ó 31 de decembro de 1996.

-Garantía provisional: oitenta e oito mil pesetas (88.000 ptas.).

-O prego de cláusulas administrativas e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, San Caetano, Santiago de Compostela.

As proposicións presentaranse no devandito rexistro ou na forma que dispón o Art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación o terceiro día hábil seguinte

ó de remate do prazo de presentación das ofertas, sempre e cando este non coincida en sábado, que pasará ó primeiro día hábil seguinte, na sala de xuntas da consellería ás 10 horas.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1996.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

96-553