Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de carteis e trípticos relativos ós certames e mostras Xuventude-96.

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de 27.000 carteis e 90.000 trípticos, relativos ós certames e mostras Xuventude-96.

Orzamento: 3.900.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 156.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse nun prazo de 15 días contados a partir da data da formalización do correspondente contrato.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos concursantes para o seu exame, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 15 horas, na Dirección Xeral de Xuventude, sita no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 3-1º andar, en Santiago de Compostela. Tfno.: (981) 54 48 21.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (Santiago de Compostela), ás 11 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncio: o anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1996.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude

363