O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:
Obxecto: servicio de mantemento integral dos edificios e instalacións que constitúen o Hospital Marítimo de Oza.
Orzamento: 15.000.000 de ptas. (IVE incluído) para o ano completo de 1996, que se prorrateará debidamente polos meses de prestación efectiva (1.250.000 pesetas/mes)
Fianza provisional: non se esixe.
I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
II. Plazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro do 1996.
III. Admisión de variantes: tomaranse en consideración tódalas variantes ou alternativas que ofrezan os licitadores nas suas proposicións, a tenor do que se detalla no prego de prescripcións técnicas.
IV. Clasificación económica: acreditarase a clasificación mínima correspondente ó grupo 3, subgrupo 7, categoría A, segundo a Orde do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1991.
V. Criterios de adxudicación:
Prezo e estudio dos costes para a sua determinación: 30%.
Persoal achegado: número, capacidade profesional e organización: 30%.
Experiencia acreditada, currículum de empresa e capacidade técnica: 20%.
Organización do servicio, segundo prego de prescripcións técnicas: 20%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A CORUÑA, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.
Josep Santacreu Bonjoch
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza
364

