Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN de 8 de xaneiro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso publico aberto, para a contratación do servicio de alimentación do Hospital Marítimo de Oza (C.P. 3/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e da autorización de data 24 de novembro de 1995, conferida pola Dirección Xeral de Recursos Económicos (artigo 7º f) da referida orde), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:

Obxecto: prestación integral do servicio de cociña e alimentación do Hospital Marítimo de Oza.

Orzamento: 52.000.000 de ptas. (IVE incluído) para o ano completo de 1996 nos termos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, que se rateará debidamente en función da prestación que efectivamente se realice.

Fianza provisional: 1.040.000 pesetas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de vixencia: desde a sua adxudicación ata o 31 de decembro de 1996.

III. Admisión de variantes: tomaranse en consideración cantas variantes ou alternativas ofrezan os licitadores nas suas proposicións.

IV. Solvencia económica: acreditarase por calquera dos medios dos sinalados no artigo 16 da LCAP.

V. Solvencia técnica: acreditarase a través dos medios sinalados no artigo 19 da LCAP, nos seus apartados b) e e), ambos.

VI. Outros requisitos: os licitadores presentarán acreditación (xerocopia compulsada) da autorización sanitaria de funcionamento, outorgada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia.

VII. Criterios de adxudicación:

Avaliación técnica: 55%.

Prezo: 30%.

Currículum de empresa e experiencia acreditada: 15%.

VIII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

IX.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981)17 80 71 ou telegrama no mesmo día.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán aportar os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

365