O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:
Obxeto: servicio de recepción, almacenaxe e distribución desde o exterior, dos productos dos almacéns do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
Orzamento: 40.000.000 ptas. (IVE incluído) para o ano completo de 1996, que se rateará debidamente polos meses de prestación efectiva (3.333.333 pesetas/mes)
Fianza provisional: 800.000 pesetas.
I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
II. Prazo de vixencia: desde a sua adxudicación ata o 31 de decembro de 1996.
III. Admisión de variantes: na presente licitación non se autoriza variante ou alternativa ningunha.
IV. Clasificación económica: acreditarase a clasificación económica mínima correspondente ó grupo 3, subgrupo 8, categoría B, segundo a Orde ministerial do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1991.
V. Criterios de adxudicación:
Precio ofertado: 50%.
Evaluación técnica, de acordo co prego de prescripcións técnicas: 50%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Inversións (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.
Josep Santacreu Bonjoch
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza
366

