O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e da Autorización de data 24 de novembro de 1995, conferida pola Dirección Xeral de Recursos Económicos (artigo 7º f) da referida orde), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:
Obxecto: servicio de limpeza de catro centros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (cada un dos cales constitúe un lote independente), que se detallan máis abaixo.
Orzamento: 104.527.284 ptas. (IVE incluído) para tódolos centros -lotes- e o ano completo de 1996, que se rateará debidamente polos meses de prestación efectiva.
Fianza provisional: 2.090.546 pesetas para o conxunto dos catro centros.
-Lote 1. Lavandería da Grela.
Orzamento: 8.760.000 ptas.
Fianza provisional: 175.200 ptas.
-Lote 2. Escola Universitaria de Enfermería.
Orzamento: 30.000.000 ptas.
Fianza provisional: 600.000 ptas.
-Lote 3. Hospital Marítimo de Oza.
Orzamento: 54.367.284 ptas.
Fianza provisional: 1.087.346 ptas.
-Lote 4. Centro de Especialidades do Ventorrillo.
Orzamento: 11.400.000 ptas.
Fianza provisional: 228.000 ptas.
I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
II. Prazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro de 1996.
III. Admisión de variantes: na presente licitación non se admiten variantes.
IV. Clasificación económica: acreditarase a clasificación mínima conforme a Orde ministerial do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1991, respecto a cada un dos centros -lotes- que son obxeto do concurso, conforme ó sinalado no prego de claúsulas administrativas particulares, no seu número 8.2
V. Criterios de adxudicación: de acordo co prego de claúsulas administrativas particulares, consideraranse:
Calidade técnica: 60%.
Prezo ofertado: 40%.
VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.
VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.
VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
IX. Documentación que deberán aportar os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
X. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.
Josep Santacreu Bonjoch
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza
367

