Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto, para a contratación do servicio de xerocopias (C.P. 4/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspon

dentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:

Obxecto: a prestación do servicio de xerocopias en blanco e negro ó Complexo Hospitalario.

Orzamento: 9.900.000 ptas. (IVE incluído) para o ano completo de 1996, segundo os termos que se detallan no número 4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional: 198.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro de 1996.

III. Admisión de variantes: non se autorizan.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase polo medio previsto no Art. 16.1º, na súa letra a) da LCAP.

V. Solvencia técnica ou profesional: acreditarse polo medio previsto no Art. 19, na sua letra b) da LCAP.

VI. Criterios de adxudicación:

Prezo ofertado: 40%.

Currículum da empresa e experiencia acreditada: 30%.

Condicións de prestación do servicio: 30%.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.

IX. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

X. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

368