Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso publico aberto, para a contratación do servicio de radiobusca para os anos de 1996 a 1998 (C.P. 6/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:

Obxecto: o servicio de envío de mensaxes a través de radiobuscas, (internos e externos), no número e de acordo cas especificacións e prestacións que se detallan nos pregos que rexen a presente contratación.

Orzamento: 10.540.800 ptas. (IVE incluído) para os anos completos de 1996, 1997 e 1998. O orzamento para o ano corrente ratearase debidamente polos meses de prestación efectiva (292.800 pesetas/mes).

Fianza provisional: non se esixe.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Plazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro do 1996.

III. Admisión de variantes: non se admiten.

IV. Clasificación económica: acreditarase a clasificación mínima correspondente ó grupo III, subgrupo 3, categoría A, segundo a Orde de 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde ministerial de 30 de xaneiro do 1991.

V. Criterios de adxudicación:

Prezo global ofertado: 50%.

Compromisos dos licitadores en materia de mantemento e prazos de reparación: 30%.

Outras características técnicas do servicio: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería

-planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

369