Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto, para a contratación do servicio de transporte intercentros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo para os anos 1996 e 1997 (C.P. 7/1996).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia- la contratación do servicio que a seguir se cita:

Obxecto: o transporte de persoas e obxetos entre os distintos centros que compoñen o Complexo Hospitalario Juan Canalejo, e outros servicios adicionais de transporte desde calquera destes centros a outros destinos e viceversa.

O servicio comprende distintas prestacións:

Fixas (para as que se determina un prezo fixo mensual).

A petición (pagaranse a razón de importe/viaxe efectivamente realizado).

Orzamento prestacións fixas: establécese un orzamento de 3.500.000 ptas. para cada anualidade completa á que se refire o concurso (7.000.000 de ptas. en total), sen prexuízo da revisión de prezos que se efectúe para 1997. O importe correspondente ó ano 1996, ratearase en función dos meses de prestación efectivamente realizada.

Para as prestacións a petición: non se establece orzamento (por non resultar cuantificable), senón tarifas máximas para os percorridos definidos, que se sinalan no prego de prescricións técnicas.

Fianza provisional: non se esixe na presente licitación.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata o 31 de decembro do 1996.

III. Admisión de variantes: tomaranse en consideración ata dúas variantes ou alternativas, por cada licitador, ademais da proposta básica.

IV. Clasificación económica: acreditarase a clasificación económica mínima correspondente ó grupo III, subgrupo 9, categoría B, segundo a Orde do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde ministerial de 30 de xaneiro de 1991. Non obstante o cal, ás persoas físicas que acrediten debidamente a súa experiencia e capacidade, non se lles esixirá clasificación ningunha; neste caso, os concursantes acreditarán a súa solvencia económica e financeira, e técnica ou profesional, por calquera dos medios que se detallan nos Arts. 16 e 19 da LCAP., respectivamente.

VI. Criterios de adxudicación:

1. Prezo global ofertado: 50%.

2. Melloras que se fagan á organización do servicio que, con carácter de condicións mínimas se describen no prego de prescripcións técnicas: 50%.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Inversións (edificio da Escola de Enfermería -planta soto- anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 71.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.

IX. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

X. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

370