Obxecto: construcción da comisaría da policía local de Elviña (ref. 095/109).
Orzamento: 44.186.432 pesetas (IVE incluído).
Garantías: provisional, 883.729 pesetas. Definitiva, 4% do orzamento.
Clasificación esixida:
-Grupo A, subgrupo 1, categoría b.
-Grupo C, subgrupos 2, 4 e 6, categoría b.
Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«D/Dna..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso par a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción da comisaría da policía local de Elviña e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me compromete a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...
En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.
Data e sinatura do propoñente».
Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de construcción da comisaría da policía local de Elviña».
Prego de condicións: poderán ser examinados a retirada copia na Unidade de Obras e Concesión, 2ª planta do pazo municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 18 de xaneiro de 1996.
P.D.
O alcalde
Rubricado
530

