Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a contratación das obras comprendidas no proxecto de conversión en peonil da rúa Andrés Gaos.

Obxecto: conversión en peonil da rúa Andrés Gaos (Ref. 095/110).

Orzamento: 21.620.623 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 864.825 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida:

-Grupo C.

-Grupo G, subgrupo 6.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en ... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de conversión en peonil da rúa Andrés Gaos e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me compromete a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resguardo que adxunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobre pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de peatonalización da rúa Andrés Gaos».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do pazo municipal, praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

385