Aprobado inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento Municipal de Brión, que conta co informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en cumprimento do artigo 114 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP da Coruña, para coñecemento de tódolos posibles afectados e formulación de alegacións, se fora o caso.
Brión, 10 de xaneiro de 1996.
José Luis García García
Alcalde

