En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 2/1996 de 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro de 1996), para a expropiación e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica, a 15/20 kV e centro de transformación en Póboa (Teo), no seu percorrido polos concellos de Santiago de Compostela e Teo das que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, fáise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación individual ó efecto, que polo representante da Administración procederase o día 27 de marzo de 1996, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación das fincas números 39 de Teo e 30, 28,
24, 23 bis, 23, 22 e 21 de Santiago de Compostela, e a partir das 12 horas das fincas números 20, 18, 17, 14, 11, 5 e 2 tamén de Santiago de Compostela.
As relacións das fincas afectadas para as que se segue este proceso expropiatorio, foron publicadas no BOP da Coruña, do 7 de maio de 1994. Exclúense as fincas con mutuo acordo que fosen notificadas no expediente.
Advírtese ós interesados que no día e horas sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, a súa costa, e formular por escrito ante esta delegación
ata aquel momento, as alegacións ós sós efectos de subsanar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.
A Coruña, 6 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1489

