Outorgadas por decretos 44/1996, do 25 de xaneiro, e 49 e 50/1996, do 1 de febreiro (DOG de datas 9 e 13 de febreiro de 1996), a favor de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo en r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, as declaracións de urxente ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados ó obxecto de impoñe-las servidumes de paso para o establecemento das instalacións eléctricas que mais abaixo se describen, en cumprimiento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas datas e horas que a continuación se detallan que polo representante da Administración procederase sobre o terreo e a continuación nas casas consistoriais, ó levantamento das actas previas á ocupación das fincas afectadas polas servidumes:
Expte. nº 4/1994
Instalación: liña a 20 kV e centro de transformación en Valcovo, Arteixo.
Data e horas: día 21-3-1996 a partir das 10.30 horas, predios número 6 á 23, a partir das 11.30 horas, predios número 24 á 35/1, e a partir das 12.30 horas, predios número 36 á 44/1.
Expte. nº 52786
Instalación: liña a 15/20 kV de Lavandeira ó polígono de Peinceira, Cabanas.
Datas e horas: día 2-4-1996 a partir das 11.30 horas, predios número 1 á 10, e a partir das 12.30 horas, predios número 11 á 20; día 3-4-1996 a partir das 11.30 horas, predios número 21 á 30, e a partir das 12.30 horas, predios número 31 á 41.
Expte. nº 158/1994
Instalación: liña a 15/20 kV de subestación de Cabana a Ponteceso, Cabana.
Data e hora: día 18-4-1996 a partir das 10 horas, predio número 64.
Expte. nº 118/1994
Instalación: liña a 20 kV subestación de Laracha a Alvite, Laracha.
Data e horas: día 18-4-1996 a partir das 11.30 horas, predios número 5 á 37, e a partir das 12.30 horas predios número 43 á 53; e día 19-4-1996 a partir das 11 horas, predios número 55 á 69/1, e a partir das 12 horas predios número 71 á 110.
Expte. nº 116/1994
Instalación: liña a 20 kV subestación de Cesuras a Mesía e Boimorto, Cesuras e Mesía.
Data e hora: día 16-4-1996 en Cesuras a partir das 11 horas, predios número 7 á 23, e a partir das 12 horas, predio número 24 á 46; e día 23-4-1996 en Mesía a partir das 11 horas, predios número 48 á 53, e a partir das 12 horas predios número 54 á 71.
As relacións dos predios afectados para os que se seguen estes procesos expropiatorios, expóñense nas oficinas dos concellos de localización dos predios e nesta delegación. Exclúense os predios con mutuo acordo que fosen notificados nos expedientes.
Advírteselles ós interesados que no día e horas sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito ante esta delegación ata aquel momento as alegacións para os sós efectos de emedar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.
A Coruña, 15 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1463

