Outorgada por acordo do Consello de Ministros de data 28 de decembro de 1995 a declaración de urxente ocupación de bens e adquisición de dereitos afectados co obxecto de impoñe-las servidumes de paso para o establecemento da liña de transporte de enerxía eléctrica a 400 kV, denominada Mesón-Lindoso (frontera portuguesa), nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense, solicitada por Red Eléctrica de España, S.A., na súa representación Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, segundo Resolución do 25 de xaneiro de 1996 da Dirección Xeral de Enerxía, publicada no Boletín Oficial del Estado nº 33, do 7-2-1996.
En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o representante da Administración procederá os dias 26, 28 e 29 de marzo de 1996, a partir das horas que se lles indicará a cada un deles, sobre o terreo e a continuación nas casas dos concellos, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados pola dita liña eléctrica, e situadas nos concellos de Abegondo, Ordes e Touro, na provincia da Coruña.
As relacións dos predios afectados para os que se segue este proceso expiatorio, expóñense nas oficianas dos concellos de radicación dos predios e nesta delegación. Exclúense os predios con mutuo acuerdo que se notificarán no expediente.
Advírteselles ós interesados que no día e horas sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, poloa súa conta, e formular por escrito ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os sós efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.
A Coruña, 15 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1748

