Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso por procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de reparación de firme con aglomerado e de lousas de formigón.

Obxecto: reparación de firme con aglomerado e de lousas de formigón (Ref. 096/6).

Orzamento: 39.999.320 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 799.986 ptas., definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 6, categoría b.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dna..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en presentación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reparación de firme con aglomerado e de lousas e de formigón de dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polos seguintes prezos unitarios (IVE incluído): (...).

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente.».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados en horas de 9 a 13 horas no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso cumprindo previamente os requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horsa. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación de reparación de firme con aglomerado e de lousas de formigón.».

Pregos de condiciones: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña, teléfono 18 42 19, ou na copistería que se indique nesta oficina municipal.

Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación en acto público e terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que en caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 23 de febreiro de 1996.

P.D.

O alcalde

1746