Obxecto: prestación do servicio de ambigú no palco da presidencia, medios de comunicacion acreditados e forzas de seguridade durante a celebración da LI edición do trofeo Teresa Herrera (Ref As96/2).
Orzamento: 2.500.000 pesetas (IVE incluído).
Garantías: provisional, 50.000 ptas., definitiva, 4% do orzamento.
Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:
«D./Dna..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en presentación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación do servicio de ambigú no palco da presidencia, medios de cmunicación acreditados e forzas deseguridade durante a celebración da LI edición do trofeo Teresa Herrera e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas anuais (IVE incluído).
En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.
Data e sinatura do propoñente.».
Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso cumprindo previamente os requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de ambigú no palco da presidencia, medios de comunicación
acreditados e forzas de seguridade durante a celebración da LI edición do trofeo Teresa Herrera.».
Pregos de condiciones: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.
A Coruña, 29 de febrero de 1996.
P.D.
O alcalde
991

