Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ACORDO definitivo de delegación de competencias en materia de xestión e recadación tributaria do imposto sobre bens inmobles e do imposto sobre actividades económicas, unha vez aceptada pola Deputación Provincial da Coruña.

1. Aceptada pola Deputación Provincial da Coruña na súa sesión plenaria ordinaria celebrada o día vintenove de decembro de 1995, a delegación de competencias en mateira de xestión e recadación tributaria rsultante do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Noia con data 6 de novembro de 1995. En virtude do disposto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro de 1989, o dito acordo con expresión do seu contido e alcance publícase no BOP e no Diario Oficial de Galicia para público coñecemento.

2. De conformidade co dispsoto no artigo 19.1º da Lei 39/1988, contra o presente acordo, os interesados lexítimos poderán interpoñe-lo correspondente recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que establece a lei reguladora da dita xurisdicción.

Noia, 22 de decembro de 1995.

Carmen Abeijón García

Alcaldesa

ANEXO

Acordo de delegación en materia recadatoria na deputación provincial.

Primeiro.-Adhesión.

Este concello acepta o marco de presetación delegada de servicios de xestión tributaria, incluída a recadatoria creada pola deputación provincial polos seus acordos plenarios na materia, e acepta, en consecuencia, o contido de tódolos instrumentos xurídicos que rexerán a dita prestación.

Segundo.-Delegación de competencias en materia recadatoria.

De conformidade co previsto no artigo 106.3º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e co establecido no artigo 7 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, delénganse expresamente na Deputación Provincial da Coruña as facultades que atribúe a este concello a lexislación vixente en mateira, particularmente o artigo 106.3º citado. O contido desta delegación é o seguinte:

A) Actos de xestión recadatoria nas vías voluntaria e de constrinximento para facer efectivas toda clase de débedas liquidadas polos seguintes tributos:

1. Imposto sobre bens inmobles ou polos seus antecesores, as antigas contribucións territoriais (rústica e pecuaria e urbana).

2. Imposto sobre actividades económcias ou polos seus antecesores, as licencias fiscais de actividades comerciais e industriais e de actividades profesionais e de artistas.

B) Actos de xestión recadatoria en vía de constrinximento para facer efectivas as liquidacións non periódicas correspondentes ás débedas liquidadas polo concello, non ingresadas en período voluntario polos obrigados ó pagamento, correspondentes a tódolos recursos municipais susceptibles de facerse efectivos nesta vía de constrinximento.

C) Actos de xestión recadatoria singulares: expresamente delegase na deputación provincial o exercicio das competencias seguintes:

1. Fixación de datas límites para a confección de padróns e para a notificación da débeda.

2. Deteminación dos períodos de cobranza en volutnaria.

3. Notificación colectiva consonte o artigo 124.3º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria.

4. Publicación de anuncios de cobranza, con fixación de intinerarios cando proceda.

5. Expedición de certificacións de descuberto e a súa providenciación de constrinximento e resolución dos recursos contra estes actos administrativos.

6. Conferir e revogar ás entidades de depósito e aforro o carácter de entidades colaboradoras e establece-las condicións da súa colaboración.

7. Liquidación e tramitación de débedas por xuros de mora.

8. Tramitación e resolución de reclamacións en vía administrativa previa da acción de tercería ante xulgados e tribunais civís presentados por contribuíntes e interpoñe-las de dominio e mellor dereito que procedan.

9. Autorizar poxas e construír mesas e predilas.

10. Dictar acordos de derivación de responsabilidade e procedemento.

11. Acorda-la suspensión do procedemento de constrinximento.

12. A realización de calquera actuación de carácter recadatorio precisa nos procedementos de voluntaria e executiva establecidos e que sexan de comptencia municipal.

Terceiro.-Delegación de competencias en mateira de xestión tributaria.

Co mesmo fundamento confírese delegación a favor da Deputación Provincial da Coruña para que polos seus órganos se poidan exercitar validamente as seguintes funcións, desde a entrada en vigor do convenio que se asine para o efecto ou, se é o caso, desde as datas que se indican:

A) Respecto dos impostos sobre bens inmobles e sobre actividades económicas, para ser exercidas desde 1-1-1996.

1. Concesión de denegación de exencións e bonificación.

2. Liquidaciónd a débeda tributaria, periódica ou non e formación do padrón, se é o caso

3. Emisión dos instrumentos de cobro incluídos os de ingreso directo.

4. Tramitación e resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos e pagamento do importe resultante.

5. Resolución dos recursos que se interpoñen contra estes actos de xestión.

6. Asistencia e información ó contribuínte nesta materia.

7. Facultade para, de acordo co previsto nos artigos 78.1º e 92.3º da Lei 39/1988 citada, establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en mateira de colaboración en inspección.

C) Respecto de tódolos tributos de cobro non periódico xestionados en vía de constrinximento pola deputación:

1. Emisión de instrumentos de cobro.

Cuarto.-Precisións para o exercicio de competencias.

Establécense as seguintes:

1. Asunción e exercicio de competencias:

a) Con relación ó imposto sobre actividades económicas.

Este concello non fai suso da facultade establecida na disposición transitoria undécima da Lei 39/1988 citada, no relativo a solicitar da Administración tributaria do Estado que esta asuma durante 1992 e 1993 o exercicio das competencias municipais contidas no artigo 92 da citada lei, relativas ó imposto sobre actividades económicas. En consecuencia, as referidas competencias serán asumidas por este concello desde o 1 de xaneiro de 1992 e exercidas pola deputación provincial, desde o 1 de xaneiro de 1996, en virtude da delegación de competencias contida no apartado terceiro A) do presente acordo.

b) Con relación ó imposto sobre bens inmobles.

O Concello de Noia adoptou, con data 7 de decembro de 1989, o acordo de asumi-la función recadatoria do IBI e cede-la xestión do devandito imposto na Administración tributaria, consonte o disposto na disposición transitoria undécima da Lei 39/1988 R.F.L. e do regulado no Real decreto 831/1989, do 7 de xullo. No exercicio actual no fixo a comunicación a que fai referencia a disposición transitoria oitava da Lei 21/1993, de presupostos xerais do Estado para 1994. Para os efectos de poder delega-la xestión recadación na deputación provincial, solicítaselle á Administración tributaria a asunción das funcións en materia de xestión. Unha vez conferidas esta expresa ou tácitamente, serán exercidas pola deputación provincial con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996, segundo o disposto no referido apartado terceiro A).

2. Comunicación e traslado.

a) Con relación ó imposto sobre actividades económicas.

Daráselle traslado do presete acordo á deputación provincial para a súa aceptación e á Administración tributaria do Estado, aínda non sendo precisa neste último caso por non facer uso este concello da facultade prevista na disposición transitoria undécima da Lei 39/1988 citada.

b) Con relación ó imposto sobre bens inmobles.

Daráselle comunicación do presente acordo á deputación provincial e será este trasladado ó Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria da provincia.

3. Iniciación do exercicio de competencias delegadas.

As competencias de xestión tributaria, incluias as recadatorias, das que o seu exercicio se delega polo presente acordo, serán exercidas pola deputación de acordo co que o respectivo convenio fixe para estes efectos, coas seguinte excepcións:

a) Comptencias de xestión recadatoria de débedas liquidadas polos impostos sobre bens inmobles e

sobre actividades económicas (ou os seus antecesores, as contribucións territoriais de urbana e de rústica e pecuaria e as licencias fiscais actualmente vixente) que seguirán sendo realizadas, sen interrúpción, pola deputación.

b) Competencias sinaladas nos artigos 78 e 92 da Lei 39/1988, que serán exercidas pola deputación desde o 1 de xaneiro de 1996.

Quinto.-Convenio.

A Deputación e este convello configurarán o seu compromiso meidante un conveno, que formalizarán os seus respectivos presidentes, e do que formarán parte as bases para a prestación do servicio, o regulamento do servicio de recadación, o acordo da deputación referido e o presente acordo municipal.

Algunhas das determinacións contidas nos instrumentos anteirores serán as seguintes:

1. Sistema operativo do servicio de recadación.

Será o moderno ou actualizado, consistente na eliminación do recibo e o envío, no seu lugar, ó domicilio do contribuínte, dun instrumento de cobro antes da apertura do período de cobranza e que poderá facerse efectivo en bancos, caixas de aforros ou na zona.

2. Informatización.

O concello facilitará a informacion en soprote informático para que posibilite o seu tratamento pola deputación en igual medio.

3. Colaboración.

O concello presentaralle colaboración á deputación en materia de recadación, particularmente para rectificar ou completa-los datos das débedas tributarias, na tramitación de baixas, no establecemento dunha cota mínima, en realizar determinadas notificacións, en prestarlle atención preferente ó contribuinte, en facilitar datos tributarios ou persoais, etc.

4. Retribución do servicio.

O concello resarcirá á deputacion de parte do custo da prestación do servcio de xestión tributaria, mediante o pagamento de porcentaxes sobre o importe recadado, premios de boa xestion de participación no recargo de constrinximento, se é o caso, de acordo co que estableza a súa ordenanza fiscal correspondente.

5. Anticipos, liquidacións e trasferencias.

A conta do redemento dos impostos sobre actividades económicas e sobre bens inmobles, a deputación anticipará o máximo que a lei permita. Do resto dos tributos, percibirase con carácter mensual a recadación que a deputación obtivese no mes anterior.

As liquidación no concello serán mensuais, a conta, e anuais, recapitulativas.

6. Duración.

A duración do convenio será de dez anos e empezará a rexer do xeito que nes se sinale.

Sexto.-Tramitación.

Tendo en conta que o presente acordo incide parcilamente no réxime dos tributos afectados, de acordo co establecido no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, en relación cos artigos 15 e 19 dela observarase a seguinte tramitación:

a) Acordo provisional de delegación de competencias.

b) Información pública no BOP, por un prazo mínimo de 30 días.

c) Acordo definitivo resolvendo as alegacións presentadas, ó elevar a definitivo o provisional, se non se prsentaron alegacións.

d) Remisión do acordo á deputación.

e) Ácordo de aceptación desta.

f) Publicación do acordo de delegación nos boletíns da provincia e da Comunidade Autónoma.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

990