Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 3-2-1996 acordou aprobar inicialmente a revisión das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Sada, redactado por la entidade Gruplar S.L., dispoñendo someter a información pública a documentación integrante da expresada revisión por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación no DOG e no BOP, durante o cal poderá ser examinada por calquera persoa física ou xurídica, na Oficina de Servicios Técnicos do concello, en horario de 10 a 13 horas, para formular alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licencias naquelas áreas do territorio obxecto de planeamento cunhas novas determinacións que supoñan modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licencias baseadas noréxime vixente sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Sada, 5 de febreiro de 1996.

José Fernández Álvarez

Alcalde en funcións