Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación desvío liñas na estrada PO-342 tramo Cela-Mosende, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 91 da L.M.T. ó C.T. de Mosende, rematando no C.T. existente de Mosende, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: desvío de liñas por ancheamento da estrada Cela-Virxe do Camiño.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio metálicos. R.B.T., aérea, de 990 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 3.928.045 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1040

