Contrato de referencia: procedemento negociado sen publicidade do contrato de subministración consistente na adquisición de dezaseis sementais bovinos de raza frisona para o plan integral de mellora xenética.
Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-la subministración ás empresas:
Vicente Arriero Sánchez, importe de adxudicación: 4.700.000 pesetas.
Bas, S.L. Import/Export, importe de adxudicación: 2.047.980 pesetas.
Raol & Tesor, S.L., importe de adxudicación: 12.150.000 pesetas.
Sementales Selectos, S.A., importe de adxudicación: 19.700.000 pesetas.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.
P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes
1041

