Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto das obras de repoboación forestal no monte Valgrande e Pé Esquerdo, no termo municipal de Ponte-Caldelas e outra máis.

Por Resolución do 31 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle-las obras ás empresas:

1. Repoboación forestal no monte Valgrande e Pé Esquerdo no termo municipal de Ponte-Caldelas (4429).

Projari del Medio Natural, S.L. (Primen), importe de adxudicación: 16.900.000 pesetas.

2. Repoboación forestal no monte Carabelote e outros no termo municipal de Ortigueira (1505).

Etega, S.A., importe de adxudicación: 14.755.865 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

2659