A Delegación Provincial de Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de asistencias técnicas polo sistema de concurso, procedemento aberto:
1. Obxecto: contratación de asistencia técnica para a redacción dos proxectos ou execución dos traballos
que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.
O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.
2. Fianza provisional: exenta.
3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén o correspondente proxecto de cada un dos servicios técnicos que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións de 9 a 14 horas no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Ourense, rúa do Progreso, 161, sollado.
4. Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.
5. Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial no lugar antes citado e na forma legalmente establecida (artigo 100 RXC).
6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.
7. Apertura de proposicións. ás 10 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.
8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización do levantamento mixto fotogramétrico-clásica de planos parcelarios e altimétricos da zona de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín, Ourense). LF-2225 ES/OUR-96.01.
Orzamento: 9.672.463 ptas.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización do levantamento mixto fotogramétrico-clásica de planos parcelarios e altimétricos da zona de Vilar de Lebres (concello de Trasmiras, Ourense) LF-2223 ES/OUR-96.02.
Orzamento: 11.497.628 ptas.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización do levantamento mixto fotogramétrico-clásica de planos parcelarios e altimétricos e realización das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Videferre-Espiño (concello de Oímbra, Ourense) BP-2228 ES/OUR-96.03.
Orzamento: 18.322.736 ptas.
Prazo de execución: vintecatro (24) meses.
Clasificación: grupo I, subgrupos 1 e 4, categoría A.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Santiago de Verea (concello de Verea, Ourense) BP-2211 ES/OUR-96.04.
Orzamento: 14.197.202 ptas.
Prazo de execución: vintecatro (24) meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Faramontaos-Proente (concello da Merca, Ourense) BP-2089 ES/OUR-96.05.
Orzamento: 16.050.449 ptas.
Prazo de execución: vintecatro (24) meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 4, categoría A.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización das bases provisionais de concentración parcelaria na zona de Vilar de Vacas (concello de Cartelle, Ourense) BP-2209 ES/OUR-96.06.
Orzamento: 5.824.492 ptas.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Randín (concello de Calvos de Randín, Ourense) AC-2219 ES/OUR-96.07.
Orzamento: 1.671.232 ptas.
Prazo de execución: seis (6) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Doniz (concello de Cartelle, Ourense) AC-2220 ES/OUR-96.08.
Orzamento: 1.373.389 ptas.
Prazo de execución: seis (6) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Porqueiros (concello de Muíños, Ourense) AC-2216 ES/OUR-96.09.
Orzamento: 2.200.731 ptas.
Prazo de execución: seis (6) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo das novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona da Merca (concello da Merca, Ourense) RF-2083 ES/OUR-96.10.
Orzamento: 8.282.400 ptas.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes de concentración parcelaria da zona da Merca (concello da Merca, Ourense) TP-1856 ES/OUR-96.11.
Orzamento: 2.054.035 ptas.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o replanteo dos novos predios resultantes da concentración parcelaria da zona de Paizás (concello de Ramirás, Ourense) RF-2255 ES/OUR-96.12.
Orzamento: 8.282.400 ptas.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Clasificación: non se precisa.
-Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para a confección e mecanografado dos títulos de propiedade dos predios resultantes da concentración parcelaria da zona de Cima de Ribeira (concello de Xinzo de Limia, Ourense) TP-1854 ES/OUR-96.13.
Orzamento: 379.996 ptas.
Prazo de execución: tres (3) meses.
Clasificación: non se precisa.
Ourense, 26 de marzo de 1996.
Jacobo Gómez-Orellanda Rodríguez
Delegado provincial de Ourense
2646

