Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1996 pola que se anuncia a adxudicación polo procedemento negociado sen publicidade do contrato de subministración e instalación do equipamento do taller de tecnoloxías de unión (soldadura) dos centros de innovación e servicios (CIS) en Ferrol.

En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o órgano de contratación do Igape resolveu a adxudicación polo procedemento negociado sen publicidade do contrato da subministración e instalación do equipamento do taller de tecnoloxías de unión (soldadura) dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol á empresa Tesol, S.L., polo importe de 7.000.000 de ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2648