Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1996 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación polo Instituto Gallego de Promoción Económica dunha asistencia técnica para a verificación de avais concedidos por este ente.

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a verificación dos avais concedidos polo Igape.

b) División por lotes e número: non aplicable.

c) Lugar de execución: sede central do Igape, r/ Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.350.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías:

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 87.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 174.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Igape.

b) Enderezo: r/ Frei Rosendo Salvado, 16, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: data límite de presentación de solicitudes.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditación da solvencia técnica, económica e financeira do empresario polos medios fixados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación a presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

c) Lugar de presentación: o sinalado no punto 6 anterior.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas:

a), b) e c), entidade, enderezo e localidade sinalados no punto 6 anterior.

d) Data: o quinto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2649