1. Entidade adxudicadora:
Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo, Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o estudio de estratexias de asociación, integración e colaboración entre empresas galegas.
b) División por lotes e número: non aplicable.
c) Lugar de execución: sede central do Igape, r/ Frei Rosendo Salvado, 16, baixo, Santiago de Compostela.
d) Prazo de execución: catro meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 15.000.000 de ptas. (IVE incluído).
5. Garantías:
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 300.000 ptas.
Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 600.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Igape.
b) Enderezo: r/ Frei Rosendo Salvado, 16, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.
d) Teléfono: (981) 54 11 01.
e) Telefax: (981) 59 04 67.
f) Data límite de obtención de documentos e información: data límite de presentación de solicitudes.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo I, subgrupo 3, categoría B.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación para presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.
c) Lugar de presentación: o sinalado no punto 6 anterior.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: si.
9. Apertura das ofertas:
a), b) e c), entidade, enderezo e localidade sinalados no punto 6 anterior.
d) Data: o quinto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
e) Hora: ás 11 horas.
10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 1996.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
9602663

