Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación dos expedientes que se citan (7/1996 e dous máis).

-Subministracións.

Expediente número: 7/1996.

Obxecto: 17 ordenadores e 22 impresoras. Diversos centros.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 4.900.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 98.000 ptas.

Prazo de entrega: tres (3) meses.

Expediente número 8/1996.

Obxecto: 400 tarxetas de PC Etherlink III RJ45 ou equivalente.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.640.000 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 72.800 ptas.

Prazo de entrega: 10 días naturais.

-Servicios.

Expediente número: 645/1996.

Obxecto: plan de optimización enerxética. Diversos centros.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 7.500.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 150.000 ptas.

Prazo de execución: 9 meses.

Estes expedientes foron declarados de tramitación urxente por Resolución do 2 de abril de 1996.

A capacidade de obrar, solvencia técnica, solvencia económica e criterios de adxudicación son os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2-galerías, Santiago de Compostela ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (Rectorado, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

2667