Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Apoyo Empresarial Gallego, Apega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e mailos estatutos da Asociación de Apoyo Empresarial Gallego, Apega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación todas aquelas persoas físicas e xurídicas que pertenzan ó sector do transporte terrestre.

Asinan a acta de constitución: Luis Pais Barros e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2214