Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 2 dos estatutos da Organización de Productores de Salmón Atlántico de Galicia.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósitos de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nesta, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 28 de febreiro de 1996, certificación dos acordos adoptados na Xunta de Asociación celebrada o 27 de novembro de 1995, pola que se acorda por unanimidade a modificación do artigo 2 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da mencionada asociación e designación dos novos membros do Consello Administrador.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

2272