A Delegación Provincial de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso 6/1996 que a seguir se cita:
Entidade adxudicadora: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Lugo.
Obxecto: realización do servicio de limpeza do Centro de Formación Ocupacional de Viveiro, estrada de Covas s/n, 27850 Viveiro (Lugo).
O prazo de execución comprenderá desde o día 1 de maio ata o 31 de decembro de 1996, ámbolos dous incluídos.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.
Orzamento: 1.800.000 ptas., co IVE engadido.
Garantía provisional: 36.000 ptas.
Garantía definitiva: 72.000 ptas.
Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e ó dispor dos interesados, para o seu exame, na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Ronda de Fingoi, s/n, 27071 Lugo (Tfno.: 29 43 43, fax: 29 43 59) ata a finalización do prazo de presentación das proposicións.
Requisitos específicos do contratista: non se esixen.
Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación: no Rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude sita na Ronda de Fingoi, s/n, 27071 Lugo, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
O prazo de admisión de proposicións terminará ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A documentación que se debe presentar vén especificada nos pregos de cláusulas administrativas.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 29 43 59 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Apertura das proposicións: a apertura das ofertas admitidas será realizada pola mesa de contratación ás once horas do terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas na Sala de Xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, Ronda de Fingoi, s/n 27071 Lugo.
No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán ó dispor dos licitadores nas delegacións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contato.
Lugo, 14 de marzo de 1996.
P.D. (Orde 30-12-1993)
Ana Chao Vázquez
Delegada provincial de Lugo
9602121

