Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación do 12 de marzo de 1996 de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente C-85/010, conta 21 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido da VPO, Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requerimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concedéselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó corrente no pago ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentar documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que en caso contrario se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Valentín Quinteiro Dos Santos.

Expediente: C-85/010. Cta. 21.

Rúa Caballeros, bloque E-2, portal 1-7º C (A Coruña).

1.133.492 ptas.

Manuel E. Escudero Jiménez.

Expediente: C-40-IV/76. Cta. 219.

Elviña II fase, bloque 17, portal 2-1º C (A Coruña).

1.792.834 ptas.

Fernando Rodríguez Martínez.

Expediente: C-40-IV/76. Cta. 215.

Elviña II fase, bloque 17, portal 1-10º C (A Coruña).

1.743.479 ptas.

Joaquín Prieto López.

Expediente: OR-82/030. Cta. 66.

Grupo 1º de Maio, bloque 11, portal 11-3º Dta. (Verín-Ourense).

1.087.849 ptas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

1991