Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 29-2-1996, adoptou o seguinte acordo:

Prestarlle aprobación definitiva ó proxecto de urbanización dun tramo de rúa transversal á Avda. de Vigo, promovido mediante iniciativa particular por Rocer, S.L. e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado colexial de datas 17-1-1995, 1-3-1995 e 4-5-1995, e dispoñe-la publicación do anuncio no BOP e Diario Oficial de Galicia, para efectos da súa executividade.

O que se fai público para a súa executividade deste, e significando que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 8 de febreiro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

9601820