Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 8 de febreiro de 1996 a modificación puntual do estudio de detalle da U.E. Fraga (expediente número 3849/411), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncio en DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.
Vigo, 23 de febreiro de 1996.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde
2693

