Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN definitiva do plan parcial 03 09 Recare 2.

O Pleno do Concello, en sesión de 8 de febreiro de 1996, aprobou definitivamente o plan parcial 03 09 Recare 2 (3597/401), formulado por Bienvenido Domínguez Vázquez en representación da Inmobiliaria Recaré, S.A., e redactado polos arquitectos José Enrique López Santander e Álvaro Romero Gil-Delgado, de acordo coas determinacións da aprobación inicial, estimando a alegación presentada por José León Escobar Torrado no sentido en que esta foi informada polos servicios técnicos municipais con data 14-6-1995, coas precisións contidas no devandito informe e ademais coa seguinte: o aproveitamento municipal situarase na fronte da parcela.

Ordenanzas reguladoras.

De acordo co artigo 61 do Regulamento de planeamento, regulamentará o uso dos terreos e da edificación pública e privada.

1. Xeneralidades e terminoloxía de conceptos.

Fundamentalmente, o presente P.P. redáctase pola iniciativa particular de industriais de hostelería, dotando a este polígono dos servicios necesarios para poder instalar, fundamentalmente, unha edificación hoteleira e parcela para servicio de estradas, complementándose como segundo obxectivo o uso industrial e/ou comercial.

En xeral, serán de aplicación os usos, ordenanzas e demais preceptos do PXOU das zonas industriais, vivenda unifamiliar, comercial, usos hoteleiros e industria escaparate, ademais das figuradan que na ficha particular de desenvolvemento de planeamento, as cales quedarán particularizadas ou modificadas polas que a seguir se fixan:

2. Réxime urbanístico do solo.

2.1. Cualificación do solo con referencia ós seus usos pormenorizados.

No plano que se xunta recóllese a cualificación do solo, distinguíndose:

a) Solo de uso público:

-Solo destinado a viais;

-Solo destinado a zonas verdes e libres.

b)Solo de uso privado:

-Solo destinado a uso comercial, industrial, industria escaparate (B);

-Solo destinado a industria hoteleira e servicios anexos (A);

-Solo destinado ó servicio de estradas, hoteleiro, comercial, estación de servicio, recambios, reparacións, etc. (C);

-Parcela de cesión ó concello, cos mesmos usos cá parcela B;

-Parcela para o convenio concello-familia Escobar, con iguais usos cá parcela B;

-Parcela de vivenda unifamiliar, a cal non queda fóra de ordenación, podendo ser compatible co uso xeral do polígono o día que se queira cambia-la súa construcción existente pola xeral que aparece no polígono;

-Usos dotacionais (G). Cultural, social e deportivo;

-Aparcamentos (Art. 11.3º unha pza/100 m2 de ed.) resérvanse para aparcamentos un número de prazas superior a

151.400 m

-----= 378,5 prazas

4 m x 100 m

xa que se proxectan en 4plantas (niveis: 121,10; 118,00; 114,90 e 111,65, con entradas a niveis 118,00 e 111,65 e saída a nivel 114,90) cun número total de 579 prazas.

2.2. Parcelacións.

As parcelas resultantes quedan igualmente reflectidas no plano nº 5, levando incorporados os sólidos capaces coa marxe de movemento abonda para poder ubica-la edificabilidade asignada a cada un deles, a cal non se poderá superar e xustificarase no correspondente proxecto de edificación.

Cumprindo o anteriormente exposto, poderase:

-Adosar ó sólido da parcela E o da parcela F, polo seu lindeiro común, cumprindo o resto de recuamentos proxectados.

-Nos sólidos con plantas escalonadas, en vertical ou horizontal (parcela B), poderanse trazar planos inclinados tanxentes a estes, sempre e cando se compute o aumento de volume que isto provoca.

-A cota de cuberta considerarase como límite para tódalas edificacións, non podendo proxectarse en xeral cubertas inclinadas ou outras edificacións

auxiliares que non sexan letreiros publicitarios ou maquinaria imprescindible para o uso das instalacións que se proxecten. A non ser que haxa acordo entre os propietarios que compoñen as parcelas A), B), E) e F) ou estea especificado na presente documentación.

2.3. Proxecto de urbanización.

A execución realizarase polo sistema de compensación, cumpríndose os preceptos recollidos na lei e regulamentos correspondentes, así como coas condicións propias do presente P.P.; será de aplicación o recollido no Cap. sobre normativa de infraestructuras básicas en urbanizacións e proxectos, das ordenanzas do PXOU.

3. Normas de edificación.

Como xa se especificou anteriormente, en xeral, serán de aplicación as condicións técnicas sobre edificacións, usos, habitabilidade e hixiene e seguridade, contidas nas ordenanzas do PXOU, prevalecendo as determinacións particulares do P.P. no que se contradigan con estas.

Parcelas A), B) e C).

-Superficie A): 7.708,00 m.

-Superficie B): 7.227,00 m.

-Superficie C): 4.340,00 m.

Usos permitidos:

Industrial. En xeral, seralle de aplicación a normativa do PXOU 2.2.D.c., sen limitación de superficie e/ou altura, adaptándose unicamente ás condicións urbanísticas dos sólidos capaces previstos no presente P.P. e sen supera-la edificabilidade asignada.

Almacén. En iguais condicións establecidas anteriormente. Terase especial atención á compatibilidade e mestura destes usos, debéndose dispoñer de tal forma que queden independizados do resto dos usos hoteleiro, comercial, etc., separando os seus accesos e coidando a harmonía e calidade dos materiais empregados nas súas fachadas, facéndoos compatibles co resto das demais edificacións.

Uso hoteleiro. Cumprindo os regulamentos correspondentes, non terá limitación de categoría nin superficies, adaptándose soamente ás condicións urbanísticas establecidas no presente plan parcial.

Salas de reunión ou espectáculo. Cumprindo os regulamentos correspondentes, non terá limitación de superficies nin categorías, adaptándose soamente ás condicións urbanísticas establecidas no presente P.P.

Usos complementarios. Oficinas, ata o 5% da superficie total construída. Vivendas, ata o 5% da superficie total construída. Uso escolar, social, deportivo.

Uso comercial. Sen limitación de superficies ou categorías, adaptarase ás condicións urbanísticas do presente P.P.

Dada a complexidade dos usos que se poden mesturar na edificación proxectada, o proxecto de edificación deberá comprender e ordena-la totalidade dos usos que se especifiquen, alomenos a nivel de proxecto básico, podéndose desenvolver en fase de proxecto de execución as partes do edificio que interesen.

Co obxecto de poder adapta-la edificación ás necesidades que se esixan no momento de face-lo correspondente proxecto de edificación, poderanse introducir modificacións que non sexan substanciais nos sólidos previstos, sempre e cando non alteren a altura máxima, limitacións ou recuamentos establecidos.

Sobre a altura prevista poderanse construír todo tipo de construccións auxiliares para instalacións de letreiros publicitarios, marquesiñas e maquinaria imprescindible para o uso das edificacións. Rexéndose a súa construcción polas ordenanzas do PXOU, agás nas limitacións establecidas.

Permitirase a construcción de vivendas anexas ó uso principal previsto, así como oficinas, cunha superficie máxima de ata o 5% da total edificada para cada uso e respecto do edificio ó que correspondan.

Para os efectos de modificacións substanciais, estas poderanse introducir mediante a redacción e aprobación de estudios de detalle.

Para modifica-la obriga imposta a tódolos sólidos de remata-la edificación con cubertas planas, ou ben non supera-la altura máxima fixada, será necesario o acordo da parcela A) (de instalación hoteleira), base da condición imposta. Neste caso, sería de aplicación o estipulado no PXOU sobre cubertas inclinadas.

Sempre se poderá modifica-lo uso da instalación hoteleira co uso industrial ou comercial do resto das edificacións, xa que constitúe un uso compatible co xeral.

A torreta proxectada na parcela B) é de construcción optativa, respondendo o seu uso ó xeral, ademais de ter un carácter publicitario. A súa edificabilidade está abranguida dentro da parcela B) e a súa posición e altura queda queda especificada nos planos correspondentes.

* Parcela C (514 + 3.826 = 4.340 m)

Aínda que lle afecta o uso xeral anteriormente exposto, poderase aplica-la ordenanza particular que máis adiante se redacta.

* Parcela D (superficie 625 m)

Aínda que na actualidade estea edificada con uso de vivenda unifamiliar, poderá dedicarse no futuro como uso alternativo ó unifamiliar (1.3.B.) ós establecidos como xerais no anterior apartado.

* Parcela E (superficie 3.096 m)

Prevista para situa-lo 15% do total aproveitamento pertencente ó concello (22.710 m).

Os usos previstos serán igualmente os especificados como xerais para as parcelas A, B e C.

Os recuamentos e alturas serán os especificados nos planos, podendo adosar coa parcela F polo seu lindeiro común, ou subdividi-lo sólido noutros, sen modifica-los seus recuamentos frontais ou posterior.

Na súa construcción non poderá empregarse o bloque de cemento sen revestir, ou tratamentos a base de pintura, debéndose utiliar bloques cerámicos, pedra natural ou revestidos do tipo «cotegran», amais do cristal ou similar.

* Parcela F (superficie 2.341 m)

Prevista para cumpri-lo convenio concello-familia Escobar co solo necesario libre de cargas para a edificación co uso industrial e comercial.

Os usos serán análogos ós especificados para a parcela E, séndolle de aplicación o resto das especificacións e limitacións expostas na presente documentación.

* Parcela G (superficie 1.471 m)

Fixados polo PXOU para uso deportivo e cultural-social.

Esixirase un recuamento mínimo de 5 m e a limitación da cota de cuberta imposta para o resto das edificacións.

* Parcela H, zonas verdes (superficie 3.785 m)

Seralle de aplicación a ordenanza 3.1.A.a. do PXOU.

4. Desagregamento da edificabilidade total permitida.

* Parcela A Superficie 7.708 m53.200 m

* Parcela B

(Incluído torreón

adscrito a el)Superficie 7.227 m69.818 m

* Parcela C

C1 Superficie 514 m3.969,3 m

C2 Superficie 3.826 m765,2 (0,2 m/m)

4.340 m4.734,5 m

* Parcela D 625 x 0,5 m/m x 3 m937,5 m

* Parcela E 22.710 m

TOTAL151.400 m

5.Ordenanzas específicas.

5.1. Parcela D.

Queda afectada coa ordenanza 1.3.B. do PXOU cunha edificabilidade do 0,5 m/m ou co factor 3 establecido, de 1,5 m/m.

Poderá, alternativamente, utilizarse a ordenanza xeral para o resto das edificacións do presente P.P., sen supera-lo aproveitamento especificado e recua

mentos establecidos (de 4 metros), para as parcelas E e F, podendo adosar á parcela F, co correspondente compromiso e obriga mutua. Afectándolle de tal forma o referente á limitación de alturas.

5.2. Parcela C.

Co aproveitamento especificado anteriormente, ademais do uso xeral alternativo, seralle de aplicación un uso específico compatible para servicio de estradas, con pequeno almacén, taller de repostos, tenda para artigos de regalo ou de primeira necesidade, estación de servicio e pequeno hosta-restaurante.

De acordo co informe preceptivo da Dirección Xeral de Estradas, será necesaria a autorización previa desa dirección xeral, mediante a presentación e aprobación dun proxecto específico (para a parcela C2, lindante coa vía de servicio municipal que linda coa autovía), coa instalación e accesos.

Ordenanza específica da parcela C2.

-Superficie: 3.826,00 m.

-Edificabilidade: 0,2 m/.

-Recuamento frontal: liña de 50 m, autovía.

-Recuamento Lat. dereito: mínimo 5 m.

-Recuamento posterior e lat. esquerdo: dados os desniveis e muro necesario para salvalos, poderase adosar a estes lindeiros.

-Alturas: a altura da edificación non superará a dunha planta equivalente a 4 m sobre a rasante da rúa B, medida segundo criterios do PXOU. Exceptúase a da estación de servicio, que será a necesaria para cumprir coa normativa de aplicación correspondente.

Vigo, 5 de marzo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2692