Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbnanización da U.E. II-01 Gándara.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 12 de marzo de 1996, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización U.E. II-01 Gándara (3945/401), presentado pola xunta de compensación urbanizadora do ámbito, e redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García e o arquitecto J. Enrique López Santander, con visado do COAG do 10 de xullo e 11 de outubro de 1995.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa pubnlicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da casa do concello, ademais da notificación persoal ós interesados directamente afectados.

De non formularse alegacións durante a exposición pública, o proxecto considerarase aprobado defini

tivamente, sen necesidade dun novo acordo municipal ó respecto.

A documentación do expediente está o dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística e pódense presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio, ata a fin do prazo de exposición logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 21 de marzo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2704