Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización entre as rúas Portela e Fontáns.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 12 de marzo de 1996 o proxecto de urbanización entre as rúas Portela e Fontáns (expediente nº 3931/401), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro de edictos da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O acordo devandito establece ademais o seguinte:

-Os promotores da actuación deberán avalar, unha vez aprobado definitivamente este proxecto, a cantidade de 3.784.750 pesetas para responder dos custos de expropiación dos terreos necesarios para a execución da vía que se proxecta.

-Así mesmo, deberán avalar (tamén logo da aprobación definitiva), a cantidade de 11.129.454 pesetas, correspondente ó 100% do custo das obras de urbanización.

-A actuación desenvolverase nunha única fase, tal como se describe na alínea 4 da memoria do proxecto.

-O prazo de execución da totalidade das obras comprendidas no proxecto fíxase en 10 meses contados desde a efectiva dispoñibilidade dos terreos.

-A aprobación definitiva deste proxecto de urbanización quedará condicionada á previa aprobación definitiva do estudio de detalle do ámbito (actualmente en trámite). En consecuencia, unha vez aprobado o ED e de non se presentar ningunha alegación ó proxecto de urbanización,e ste considerarase aprobado definitivamente, sen necesidade de acordo expreso para o efecto, pero coa preceptiva publicación no BOP e comunicación ó órgano competente da Xunta de Galicia en materia urbanística (artigo 31.3º da LASGA).

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 1 de abril de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

V†X'D$g‚â ”4SFíà ®ÿ