O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:
Asistencia técnica de redacción do proxecto de acondicionamento da estrada C-540. Treito: Oza dos Ríos-Autovía do Noroeste.
Adxudicatario: Proyfe, S.L.
Orzamento: 6.495.013 ptas.
Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra do Corredor Central. Treito: Escairón-Bacelares.
Adxudicatario: Enmacosa.
Orzamento: 11.976.350 ptas.
Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da LU-160.
Treito: Adelán-Ferreira.
Adxudicatario: Eptisa.
Orzamento: 12.870.850 ptas.
Asistencia técnica, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da LU-111. Treito: Rábade-Cospeito.
Adxudicatario: Topgalicia, S.L.
Orzamento: 2.204.499 ptas.
Asistencia técnica, redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-201. Treito: A Barrela-límite provincia.
Adxudicatario: Cauces y Caminos e Estudios del Noroeste.
Orzamento: 8.006.320 ptas.
Asistencia técnica de redacción do estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da nova estrada variante de Vilalba.
Adxudicatario: Ciesa.
Orzamento: 4.045.747 ptas.
Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-536. Treito: Alto da Cerdeira-P. de Trives.
Adxudicatario: G.O.C., S.A.
Orzamento: 12.973.855 ptas.
Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da PO-400. Treito: As Neves-Arbo (2ª fase).
Adxudicatario: Diagrama Ingeniería, S.L.
Orzamento: 9.011.251 ptas.
Asistencia técnica, voo, apoio e restitución analítica da estrada PO-200. Treito: Laro-Cachafeiro.
Adxudicatario: Geotop, S.A.
Orzamento: 3.135.000 ptas.
Asistencia técnica, redacción, estudio informativo, cartografía, proxecto de trazado e proxecto de construcción da vía alternativa á C-550 na Ponte da Barca (Pontevedra).
Adxudicatario: Interurban, S.A.
Orzamento: 10.587.668 ptas.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto por fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1996.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
2777

