Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de adquisición de equipos informáticos para o sistema de sancións de transportes.

A Dirección Xeral de Transportes, de conformidade coa Resolución do 10 de abril de 1996 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:

1.-Obxecto: concurso de adquisición de equipos informáticos para o sistema de sancións de transportes.

2.-Orzamento: 4.975.000 ptas.

3.-Prazo de entrega: 1 mes.

4.-Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

5.-Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 h ás 14 h ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

7.-Prazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

8.-Apertura de proposicións:

8.1.-Lugar: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Europa, 5-A (2º andar)-Área Central-As Fontiñas-Santiago de Compostela.

8.2.-Día e hora: ás 11 horas do quinto día natural, que non sexa sábado, seguinte á data do termo do prazo de presentación de proposicións.

9.-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador.

10.-Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9602743