Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas (BEGASA), Cidade de Viveiro, 4, 1º, Lugo.
Finalidade: L.M.T. subterránea e C.T. edificio Isidro Rodríguez, Avda. do Val, Lourenzá.
Orixe da liña: C.T. edificio Isidro Rodríguez (único).
Final: C.T. que se vai instalar.
Situación do transformador: local edificio Avda. do Val-Lourenzá.
Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 310 m, en conductor DHV 15/25 de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-230 V±5%, para dar servicio eléctrico ó edificio Isidro Rodríguez Avda. do Val, Lourenzá.
Orzamento: 6.529.160 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.
Lugo, 12 de setembro de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
2351

