Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Meixomin, no concello de Lalín, por parte de Javier Valderrama Curras.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que Javier Valderrama Curras, con domicilio en r/ Berlín, 4, Santiago de Compostela, presentou nesta delegación provincial, o día 7 de novembro de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Meixomin de 30 cuadrículas mineiras para recursos sección C) granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Lalín, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2.715 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 06' 20''42º 43' 00''

Vértice 28º 06' 20''42º 44' 40''

Vértice 38º 04' 20''42º 44' 40''

Vértice 48º 04' 20''42º 43' 00''

A solicitud foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 7 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2350