Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Santa Marta no concello de Mos, por parte de Godoy Maceiras, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que Godoy Maceiras, S.L. con domicilio en Peizal, 5, O Porriño, presetou nesta delegación provincial o día 4 de outubro de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Santa Marta de 8 cua

drículas maneiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Mos, desta provincia, e que lle correspondeu o nº 2.711 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreno é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 35' 20''42º 11' 40''

Vértice 28º 35' 20''42º 11' 00''

Vértice 38º 36' 40''42º 11' 00''

Vértice 48º 36' 40''42º 11' 40''

A solicitud foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 16 de febreiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2348