A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Granitos de Saldeda, S.L., con domicilio en San Brais, Entienza, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial o día 25 de outubro de 1995, instancia-solicitude do permiso de investigación Coto de Vilax de 6 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Pontevedra, desta provincia, e que lle correspondeu o nº 2.713 da provincia de Pontevedra.
A designación do terreo é a seguinte:
Lonxitude Latitude
Vértice 18º 36' 20''42º 22' 00''
Vértice 28º 35' 20''42º 22' 00''
Vértice 38º 35' 20''42º 21' 20''
Vértice 48º 36' 20''42º 21' 20''
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.
O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.
Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2449

