Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración, da súa utilidade pública, dunha instalación eléctrica de alta tensión, que ten como características principais as que se sinalan a seguir:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Emprazamento: O Barco de Valdeorras, circunvalación (O Barco de Valdeorras).
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o plan Mega.
Características principais: liña aérea, a 15 kV, de 3.310 m de lonxitude en simple circuíto e 453 m de lonxitude en dobre circuíto, en conductor LA
110/116,2 mm, derivada desde o apoio derivación de L.M.T. a C.T. Ángel Pérez, e finalizará no apoio derivación L.M.T. Calabagueiros (O Barco de Valdeorras).
Orzamento: 17.655.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.
Ourense, 11 de marzo de 1996.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
9602437

