Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se resolve o concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da lagoa de Antela (Ourense).

Pendente a resolución do concurso para a adxudicación de lotes na zona de interese nacional da lagoa de Antela (Ourense), convocado por orde desta consellería con data 27 de abril de 1995 (DOG do 15 de xuño), modificada pola Orde do 13 de xullo do mesmo ano (DOG do 21 de xullo), e visto o informe emitido pola Delegación Provincial desta consellería en Ourense, con data de 20 de decembro de 1995, oídas as organizacións profesionais agrarias, de conformidade co artigo quinto da mesma disposición, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles provisionalmente os lotes da zona da lagoa de Antela (Ourense) ós concesionarios que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-A lista de adxudicatarios provisionais exporase nos taboleiros de anuncios dos concellos de Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Xinzo de Limia e Sandiás.

Terceiro.-No prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, os adxudicatarios provisionais deberán presentar nas oficinas da Delegación Provincial desta consellería en Ourense, rúa Progreso nº 161, os documentos que acrediten o seu dereito e que non acompañasen á instancia dentro do prazo da súa presentación.

Cuarto.-As reclamacións contra a presente adxudicación provisional presentaranse a título individual ante a Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, ou por calquera dos medios a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e que se elevarán á Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural para a súa oportuna resolución. O prazo será de quince días hábiles a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural

ANEXO

LISTA DE ADXUDICATARIOS PROVISIONAIS DE LOTES NA LAGOA DE ANTELA

Antonio Gómez de Dios: lote nº 76.

Ramón Quintás Lorenzo: lote nº 217.

Benito González Manso: lote nº 293.

Ángel Cid Cabido: lote nº 321.

Delfín Rodríguez González: lote nº 330.

Ángel Suárez Vázquez: lote nº 332.

2775