Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación dos servicios seguintes: contratación de persoal privado para servicios de seguridade no Museo Massó, en Bueu e na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, en Pontevedra, e tres servicios máis.

A Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, os servicios que se citan:

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade no Museo Massó, en Bueu e na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, en Pontevedra:

Orzamento de licitación: 11.638.512 ptas. (once millóns seiscentas trinta e oito mil cincocentas doce pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade no Museo de Belas Artes da Coruña:

Orzamento de licitación: 8.526.000 ptas. (oito millóns cincocentas vinteseis mil pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación requerida: non se esixe.

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Biblioteca Pública de Ourense:

Orzamento de licitación: 7.375.512 ptas. (sete millóns trescentas setenta e cinco mil cincocentas doce pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación requerida: non se esixe.

-Contratación de persoal privado para servicios de seguridade no Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei e na Biblioteca Pública de Lugo:

Orzamento de licitación: 7.375.512 ptas. (sete millóns trescentas setenta e cinco mil cincocentas doce pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación requerida: non se esixe.

Nos devanditos servicios non se esixe fianza provisional.

Exposición dos pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dun servicio deberán presentar toda a documentación para cada un deles.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Rubén Victor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

2502