Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación das obras de adecuación da residencia da terceira idade A Milagrosa (Lugo) á NBE-CPI-91.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, protedemento aberto, a obra que se cita:

-Adecuación da residencia da terceira idade A Milagrosa á NBE-CPI-91, en materia de medidas de protección contra incendios.

Orzamento da licitación: 10.110.613 ptas.(dez millons cento dez mil seiscentas trece pesetas).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: por razón da contía non se esixe clasificación. Non obstante os licitadores

deberán acredita-la condición de instalador debidamente autorizado.

Exposición do proxecto: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial de Lugo, rúa Montevideo nº 9, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fianza provisional: 202.212 ptas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Delegación Provincial de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se envían por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, así como o documento que acredite a condición de instalador debidamente autorizado.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación ás 11 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Delegación Provincial de Lugo. Se coincidise en sábado ou festino, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

O importe dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 5 de marzo de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

9602400